Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 637

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (219/2002).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Instrucción número 3 de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 219/2002, recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

Encabezamento. En Ribeira o 16 de outubro de 2002.

Vistos por min, Beatriz Martínez Vega, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas número 219/2002, por falta de ameazas no ámbito familiar contra José Alexandre Maia Gonçalves, titular do documento estranxeiro nº 2261859, sendo denunciante Manuela Dios Vilas, titular do DNI 52456090, e intervindo como parte acusadora o Ministerio Fiscal,

Decido que, en atención ó exposto, debo condenar e condeno a José Alexandre Maia Gonçalves, como autor criminalmente responsable da falta de ameazas no ámbito familiar, xa definida, sen que concorran circunstancias modificativas da responsabilidade, á pena de vinte días de multa cunha cota diaria de tres euros con arresto substiturio para o suposto de non-pagamento de dúas cotas diarias; é condenado, así mesmo, ó pagamento das custas procesuais causadas no presente xuízo. Impónselle, pola súa vez, a José Alexandre Maia Gonçalves a medida de afastamento do domicilio, do lugar de traballo e daquel onde se atope Manuela Dios Vilas, e de non comunicación con el polo prazo de tres meses.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, meidante escrito que se deberá presentar perante este xulgado, e no que, redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións nas que se basee a impugnación.

Así por esta miña sentencia o pronuncio, mando e asino.

E para que conste e lle sirva de notificación a José Alexandre Maia Gonçalves, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira, 9 de decembro de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA