O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 11 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Desestima-la alegación presentada en tempo e forma por Manuel Rodilla del Barrio por
non constitui-las súas pretensións obxecto da fase procedemental actual.
Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para sinalamento das rasantes dos viarios da avenida de Monelos, vía perimetral oeste do parque ofimático e novo viario que une ámbalas dúas vías e para ordenación de volumes no polígono H11.03 avenida dos Monelos II, promovido por Consolidada de Promotores, S.A., coa condición de que o promotor do documento presente, con anterioridade a dar cumprimento ás indiciacións contidas no artigo 48 LSG, cinco textos refundidos do mesmo, no se que se concentren as determinacións do estudio de detalle que tivo entrada no rexistro municipal o 11 de xuño de 2002 (rex. de entrada número 57775) coas do anexo ó mesmo presentdo en data 9 de setembro de 2002 (rex. de entrada número 87109).
Terceiro.-Notifica-lo presente acordo ó promotor do documento así como a tódolos propietarios incluídos no polígono.
Cuarto.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do texto refundido qeu se presente polo promotor trala aprobación definitiva.
Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.
A Coruña, 19 de novembro de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

