Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2003 Páx. 744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a incoación de expediente sancionador en materia de urbanismo, dictado no expediente sancionador que se cita no anexo.

Faiselle saber que, contra a dita resolución, o interesado poderá achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes, no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse, de conformidade co disposto polo artigo 16 do Real decreto 1398/1993, todo isto, sen prexuízo do establecido polo artigo 3 do citado real decreto.

Signifícase tamén a posibilidade de que os presuntos responsables poidan recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, cos efectos previstos no artigo 8 do Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A competencia para a resolución do expediente sancionador corresponderalle ó conselleiro ou ó director xeral de Urbanismo, segundo a contía da sanción que se propoña, en virtude das normas de atribución de competencias establecidas polos artigo 186 da Lei do solo de Galicia, 80.1º do Regulamento de disciplina urbanística e polo Decreto 134/2002, do 4 de abril.

Noméase instructor a Manuel Fernández Ramos, funcionario da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podendo os interesados promover recusación en calquera momento da tramitación do expediente, expresando a causa ou causas nas que se funde, de conformidade co disposto polos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e sirva de notificación ó citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Hipólito Pérez Novo

Subdirector xeral de Disciplina e Informes

ANEXO

Expediente: 107C-2002/17-0 (sancionador).

Denunciado: José Manuel Freire Pérez, na condición de promotor.

Último enderezo coñecido: Alcalde Jaime Hervada, nº 39- 4º ctro.-esda. (A Coruña).

Feitos: construcción de pendello e peche sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Santa Icia-Moras.

Concello: Arteixo.

Tipo resolución: iniciar expediente sancionador en materia de urbanismo a José Manuel Freire Pérez en calidade de promotor.

Precepto infrinxido: artigo 182.2º Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.