Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 924

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2003 pola que se convocan cursos en colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o 2003, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración co Fondo Galego de Garantía Agraria, os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura no anexo II, dirixiranse ó director do Fondo Galego de Garantía Agraria, rúa dos Irmandiños, s/n., Salgueiriños, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse no seu rexistro xeral, no da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará segundo se indica para cada curso no anexo I.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección axustaranse ós especificados para cada curso no anexo I, ademais procurarase un reparto territorial equilibrado, de maneira que asista persoal das catro delegacións provinciais e dos servicios centrais.

En calquera caso os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Modificacións.

Os órganos convocantes resérvanse a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: Os controis de primas gandeiras e identificación animal.

1. Obxectivos.

Darlle unha formación básica ó persoal que efectúe os ditos controis sobre o uso das ferramentas informáticas na realización dos controis administrativos e a súa utilidade nos controis sobre o terreo.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica que realice controis das axudas a productores de gando vacún, ovino e cabrún, financiados polo FEOGA-Garantía.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os técnicos encargados da realización de controis sobre o terreo de primas gandeiras no ano 2003.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 5 ó 7 de maio de 2003.

4.3. Horario: 10 a 14.30 e 16.30 a 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Normativa de xestión de primas e de identificación animal, os plans de control administrativo e sobre o terreo. Aplicacións informáticas.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de abril de 2003.

Curso: Xestión informatizada de axudas e compras de intervención de mercados.

1. Obxectivos.

Mellora-la información dos xestores de axudas FEOGA-Garantía a empresas, pola utilización de

determinados productos de orixe agropecuaria nos procesos de producción, así como da compra de productos agropecuarios en réxime de intervención de mercados.

2. Destinatarios.

Persoal que xestiona axudas FEOGA-Garantía a industrias e compras de productos en réxime de intervención de mercados.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal xestor de axudas FEOGA-Garantía a industrias e de operacións de intervención de mercados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración : 14 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 24 e 25 de febreiro de 2003.

4.3. Horarios: 10 a 14.30 horas e de 16.30 a 19 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Axudas FEOGA-Garantía a empresas. A intervención de productos agropecuarios. Normativa: comunitaria, estatal e autonómica. Órganos competentes. Procedemento.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de febreiro de 2003.

Curso: A utilización de SQL na realización de consultas nas bases de datos de axudas a explotacións agrarias.

1. Obxectivos.

Darlles unha formación básica ós xestores de axudas a explotacións agrarias para que, mediante aplicacións informáticas, poidan realizar consultas non previstas ás bases de datos.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica que xestione axudas a explotacións agrarias.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os xestores de axudas a explotacións agrarias que utilicen aplicacións informáticas do sistema integrado de xestión de axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugar e data: EGAP, os días 17 e 18 de marzo de 2003.

4.3. Horario: de 10 a 14.30 horas e de 16.30 a 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

As bases de datos do sistema integrado de xestión (SIX). Formas de realizar consultas. O SQL.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2003.

Curso: As medidas de acompañamento.

1. Obxectivos.

Que os xestores das medidas de acompañamento adquiran unha formación axeitada e unha visión global sobre a normativa e a xestión daquelas, así como do programa no que se incardinan e a normativa de aplicación.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica implicado que xestiona as medidas de acompañamento.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os xestores de medidas de acompañamento, de acordo co programa Horizontal I.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e data: EGAP, os días 24, 25 e 26 de febreiro de 2003.

4.3. Horario: de 10 a 14.30 horas e de 16.30 a 19 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

O desenvolvemento rural.-Normativa e programas. As medidas de acompañamento: actuais e revisión intermadia. Programación. Formación.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 7 de febreiro de 2003.

Curso: A reestructuración e reconversión do viñedo.

1. Obxectivos.

Coñecemento da normativa e procedemento, de xestión e control, da axuda de referencia.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica implicado na xestión desta axuda.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os xestores das axudas para a reestructuración e reconversión do viñedo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12 e 13 de marzo de 2003.

4.3. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16.30 a 19 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Normativa: comunitaria, estatal e autonómica. Controis administrativos/físicos. Procedemento de xestión.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de febreiro de 2003.