En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, a acta da asemblea da Asociación de Acuicultores Mejilloneros de Galicia (Acuimega), na que se reflicten entre outros o acordo relativo ó novo domicilio social da asociación, que queda fixado na rúa Luis A. Mestre, 2-3º D, O Grove (Pontevedra).
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais