A Comisión de Goberno, en sesión do 27 de decembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o plan parcial do solo apto para urbanizar residencial de baixa densidade-9 sito en Meixigo-Cambre, presentado por José Mª Espiño Varela, en representación da Xunta de Compensación do Solo Apto para Urbanizar indicado e redactado polos arquitectos Alfredo Olañeta Rebolleda, Paula Fernández-Gago Longueira e José Manuel Bello Castro.
O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.
Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.
Cambre, 14 de xaneiro de 2003.
P.D. (Resolución da alcaldía 23-7-1999)
Augusto Rey Moreno
Primeiro tenente alcalde