1. Entidade que adxudica: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de gasóleo tipo C para as instalacións de calefacción e producción de auga quente das diversas instalacións deportivas dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: tres anos e prórroga por un ano máis.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: urxencia.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento: 525.000 euros.
5. Garantía provisional: 10.500 euros.
6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avda. Castrelos, 1, 36210 Vigo, teléfono: 986 23 74 58. Fax: 986 29 10 41.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.
8. Presentación das ofertas: prazo: ata o día 6 de marzo de 2003.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: terá lugar no Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, ante a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes.
Data e hora: 10 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un límite de 1.500 euros.
Vigo, 2 de xaneiro de 2003.
Santiago Domínguez Oliveira
Presidente do Instituto Municipal
dos Deportes de Vigo