Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2003 Páx. 1.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 16 de xaneiro de 2003, o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 2, redactado por José Díaz de la Iglesia, sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, servindo o anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente, entendéndose definitivamente aprobado se non se presentan reclamacións.

Cangas, 16 de xaneiro de 2003.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde