Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Sábado, 01 de febreiro de 2003 Páx. 1.164

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 123/2003, do 31 de xaneiro, polo que se nomea director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios a Manuel Castro Cotón.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de xaneiro de dous mil tres,

Nomeo a Manuel Castro Cotón director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA