Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa, fago saber que no proceso de execución seguido neste xulgado co número 113/2002, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S.A., representado polo procurador Sr. Paz Montero contra Pastor Alicio Pérez Arribas e María Isabel Arias Mata sobre execución hipotecaria, se acordou sacar a poxa pública, por un prazo de vinte días, os bens que co seu prezo de taxación se enumeran a continuación:
Bens que se sacan a poxa e a súa valoración.
Vivenda unifamiliar, composta de planta baixa e alta, que ocupa a superficie de 95 m en cada planta, sita na parroquia dos Ánxeles, concello de Melide, con terreo unido, que todo forma un só predio de 28 áreas e 30 centiáreas.
Estrema: norte, Anselmo Arias Escariz; sur, camiño e resto de predio matriz, de José Louzao García e esposa; leste, estrada de Melide a Toques; e oeste, Fernando Núñez Gómez e camiño de servidume. Goza de servidume de luces e vistas sobre o predio rexistral número 9.813 do libro 56 de Melide.
Inscrición: Rexistro da Propiedade de Melide. Predio 15.478, tomo 506, libro 85, folio 140.
Título: escritura de compravenda a Explotaciones Costel, S.L. e outros, con data do 18-12-1998.
Taxada para efectos de poxa en 162.922,36 euros (27.108.000 ptas.).
A poxa terá lugar na sede deste xulgado O Cruceiro-Santa María, o día dez de marzo de dous mil tres ás once horas.
Condicións da poxa.
Os licitadores deberán cumpri-los seguintes requisitos:
1. Identificarse de forma suficiente.
2. Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.
3. Presentar xustificante de que depositaron na conta de depósitos e consignacións deste xulgado no BBVA nº 1510 0000 05 113/02, ou de que prestaron aval bancario polo 30 por 100 do valor de taxación dos bens. Cando o licitador realice o depósito coas cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no punto 2º do artigo 652 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.
4. Só o executante poderá facer oferta reservando para si a facultade de lle cede-lo remate a un terceiro.
5. Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións expresadas anteriormente.
6. Cando a mellor oferta sexa igual ou superior ó 70 por 100 da taxación, aprobarase o remate a favor do mellor licitador. Se fose inferior, observarase o previsto no artigo 670 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.
7. Que a certificación rexistral está de manifesto na secretaría deste xulgado e os bens se sacan a poxa sen suplir previamente a falta de títulos de propiedade, cumprindo o prevido na regra 5ª do artigo 140 do regulamento para a execución da Lei hipotecaria, entendéndose polo simple feito de participar na poxa que os licitadores aceptan esta situación, así como que as cargas e os gravames anteriores, de os haber, ó crédito do licitador, continuarán subsistentes e que o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudica ó seu favor.
Non consta no proceso se o inmoble que se poxa se encontra ou non ocupado por persoas distintas.
8. Se por forza maior, causas alleas ó xulgado ou por erro se sinalase un domingo ou día festivo e non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.
En Arzúa, o trece de decembro de dous mil dous.
O secretario
Rubricado
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS
DE PONTEVEDRA

