O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude:
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio
de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Prado 2779, situada en terreos do concello de Ponteareas, provincia de Pontevedra e solicitado por Granitos Mondariz, S.L.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2002.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

