De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 19 de febreiro de 2003, nas oficinas da Casa do Concello de Cesuras e o día 20 do mesmo mes e ano nas oficinas da Casa do Concello de Mesía, a partir das 11 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. proceda ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 15/20 kV a Campo Brick, tramo II (expediente nº 403/1998), ós interesados propostos como titulares dos predios afectados por este proceso expropiatorio, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO

