Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Defensa Vexetal Baixo Miño.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos

da Agrupación de Defensa Vexatal Baixo Miño, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda.

Profesional: titulares de explotacións vitícolas sitas nos concellos antes citados.

Asinan a acta de constitución: Mercedes Alonso Franco e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 9 de xaneiro de 2003.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra