Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se amplía o prazo de presentación de proposicións e a data de apertura de ofertas relativas á contratación convocada por Resolución do 7 de xaneiro de 2003, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, dunha consultoría e asistencia para a implantación, soporte e mantemento de aplicacións informáticas Seis, Remedy, Vih, Sisinfo, concursos públicos e a análise da aplicación para a xestión de expedientes de obras (S/2-2003).

A contratación de referencia foi publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas de data 16 de xaneiro de 2003 con anuncio indicativo previo de data 25 de xullo de 2002 e no Boletín Oficial del Estado nº 18, do 21 de xaneiro de 2003.

Neste caso o prazo de presentación de proposicións estableceuse en función do previsto no artigo 207 do Real decreto lexislativo 2/2000 que prevé un prazo mínimo de entre 22 e 36 días desde a data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (remitida con data 10 de xaneiro de 2001).

A publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 25, do 5 de febreiro de 2003) indicaba unha data de finalización do prazo de presentación de proposicións fixada de acordo co sinalado e que, na data de publicación do anuncio, este prazo estaba concluído.

En interese de reforza-los principios de publicidade e concorrencia e como consecuencia da situación derivada do atraso do anuncio do Diario Oficial de Galicia amplíanse os prazos de presentación de proposicións ata alcanza-los 36 días previstos na normativa de contratación pública referida. Os prazos da resolución da División de Recursos Económicos do 7 de xaneiro de 2003 amplíanse conforme o seguinte detalle:

a) Data límite de presentación de proposicións: 15 de febreiro de 2003.

b) Data de apertura de ofertas: 21 de febreiro de 2003.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos