A Comisión de Goberno, en sesión do 30-1-2003, aprobou modifica-lo prego de condicións técnicas do concurso arriba indicado, no sentido de que nos lotes números 34, 35 e 36 onde figuraba a denominación emulsión ECR-1 pasa a denominarse emulsión ECM-1. Fíxase un novo prazo de oito días naturais para a presentación de proposicións para os lotes números 34, 35 e 36 contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, coas especificacións en canto ó obxecto, tipo de licitación, fianzas, presentación e demais detalles que figuran no anuncio publicado no BOP número 246, do 26 de decembro de 2002, e no Diario Oficial de Galicia número 2, do 3 de xaneiro de 2003, excepto na apertura de plicas que se efectuará o primeiro día hábil seguinte.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2003.
O presidente
Rubricado
O secretario
Rubricado

