De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de imposición
de sancións, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 21 de xaneiro de 2003.
Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado territorial de Lugo
ANEXO
 Interesado Procedemento
 
(33803243M);
 Avda. Portugal 68-Rábade-Lugo 
 (76540739M);
 r/ Chantado 41-3º-Narón-A Coruña 
Penín Núñez, Cesáreo
 Imposto sobre sucesións e doazóns; apertura de expediente sancionador; exp. 840/2001
 Campello Ferreiro, Mª Carmen
 Imposto sobre sucesións e doazóns; apertura de expediente sancionador; exp. 1369/2002 

 
 
 
 