Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de febreiro de 2003 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación en Galicia (Fundefo).

Visto o expediente de clasificación da Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación en Galicia (Fundefo), con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Oleiros (A coruña), o día 29 de outubro de 2002, ante o notario Rafael Benzo Sainz, co número dous mil oitocentos trinta e tres do seu protocolo por Gerardo Crespo Riestra e Alejandra Varela García que interveñen no seu propio nome.

3. O obxecto da fundación é segundo establece o artigo 2 dos seus estatutos, promover, apoiar, fomentar e financia-la formación de persoas ocupadas e desocupadas, que leve consigo un aumento da empregabilidade, con dedicación preferente a logra-la inserción laboral dos sectores poboacionais menos protexidos, como discapacitados, mulleres, etc. Para iso poderá desenvolver calquera tipo de actividades e proxectos como cursos, seminarios, congresos, publicación de estudios, publicacións e revistas, etc., realizándoas en nome propio ou en colaboración con outras persoas físicas ou xurídicas que se propoñan as mesmas finalidades.

4. O padroado da fundación estará integrado por Gerardo Crespo Riestra como presidente, María Crespo Riestra como secretaria, e María Dolores Pérez Martínez, María José García Pérez e Alejandra Varela García como vocais; todos eles interveñen no seu propio nome.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación en Galicia (Fundefo), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfi

co-social e á súa adscrición á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 4 de febreiro de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeneral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-social a Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación en Galicia (Fundefo) adscribíndoa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública