Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.798

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003 pola que se designa secretario da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 29 de novembro de 2002.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro), e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un secretario, que deberá ser un funcionario destinado na Escola Galega de Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Joaquín López-Rúa Soler como secretario da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 29 de novembro de 2002.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública