Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.802

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (380/2001).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa fago saber

que no proceso de execución seguido no dito xulgado co nº 380/2001 por instancia do procurador Caamaño Queijo, en nome e representación de Banco Gallego, S.A. contra Queixerías San Miguel, S.L., Redisco, S.A., Milagros Prada González, Germán Ansotegui Sainz e Genoveva Prada González, sobre execución hipotecaria acordouse sacar a pública poxa, por un prazo de vinte días, os bens que, co seu prezo de taxación se enumeran a continuación:

Bens que se sacan a poxa e a súa valoración.

1. Vivenda unifamiliar, composta de planta baixa duns douscentos metros cadrados e planta baixo cuberta, duns oitenta e cinco metros cadrados, que forma co terreo non edificado un só predio de extensión superficial de dos mil catrocentos metros cadrados. Linda o conxunto: norte, muro propio que a pecha por fóra, camiño atrás do río, sur, predio de herdeiros de Segundo Rodríguez Pérez; leste, muro propio que a pecha do camiño do Agro e, oeste, predio de herdeiros de José Casteló Andrade, en plano máis baixo. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 452, libro 60, folio 24, predio nº 7.799.

Valor para efectos de poxa: 128.376,19 euros.

2. Nave destinada a asentamento de fábrica de queixos, composta de planta baixa de catrocentos dezasete metros cadrados, cunha entreplanta de sesenta e tres metros cadrados, á que se accede por unhas escaleiras interiores, situada en ángulo sur-oeste da nave. Linda: polo sur, leste e oeste, con resto de terreo non construído, co que forma un só predio e, polo norte, con José Iglesias Quintela. Terreo e nave forman un só predio da extensión superficial de catro mil setecentos metros cadrados que linda: norte, por onde mide oitenta metros lineais, con predio de José Iglesias Quintela e esposa, sur, con estrada de Santiago de Compostela a Lugo, nunha lonxitude de setenta metros; leste, con predio de Salvador Fernández, nunha lonxitude de setenta e un metros e oitenta centímetros; e oeste, pista asfaltada nunha lonxitude de sesenta e seis metros trinta centímetros, medidos desde o mesmo límite da estrada que vai desde Santiago de Compostela a Lugo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 452, libro 60, folio 25, predio 7.800.

Valor para efectos de poxa: 192.564,28 euros.

A poxa terá lugar na sede deste xulgado O Cruceiro, Santa María, o día 12 de marzo de 2003 ás once horas.

Condicións da poxa.

1. Os licitadores deberán cumpri-los seguintes requisitos:

1º Identificarse de forma suficiente.

2º Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

3º Presentar xustificante de que depositaron na Conta de Depósitos e Consignacións deste xulgado no BBVA nº 1510 0000 05 380/01 ou de que presentaron aval bancario polo 30% do valor de taxación dos bens. Cando o licitador realice o depósito coas

cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no punto 2º do artigo 652 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

4º Só o executante poderá facer ofertas reservando para si a facultade de cede-lo remate a un terceiro.

5º Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións expresadas anteriormente.

6º Cando a mellor postura sexa igual ou superior ó 70% do avalúo, aprobarase o remate a favor do mellor ofertante. Se fose inferior, haberá que aterse ó previsto no artigo 670 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

7º Que a certificación rexistral está de manifesto na secretaría deste xulgado e os bens sácanse a poxa sen suplir previamente a falta de títulos de propiedade, estándose ó prevido na regra 5ª do artigo 140 do Regulamento para a execución da Lei hipotecaria, entendéndose polo mero feito de participar na poxa que os ofertantes aceptan esta situación, así como que as cargas e gravames anteriores, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e que o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudica ó seu favor.

Non consta no proceso se o inmoble que se poxa se encontra ou non ocupado por persoas distintas.

8º A poxa celebrarase por lotes independentes.

9º Se por forza maior, causas alleas ó xulgado ou por erro se sinalara un domingo ou día festivo e non puidera celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

En Arzúa, dez de decembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS