Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE LUGO

EDICTO (359/2000).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

Sentencia nº 572.

No nome de El-Rei.

Na cidade de Lugo o dez de decembro de dous mil dous.

Eu, Ana Belén Sánchez González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Lugo, vendo os precedentes autos de separación 359/2000 seguidos neste xulgado por instancia da procuradora Rodil Martínez, en nome e representación de Montserrat Iglesias Cabanas, coa asistencia letrada de Víctor Muñoz Meilán, contra Francisco Gándara Peña, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo.

Que, estimando a demanda presentada pola procuradora Rodil Martínez, en nome e representación de Montserrat Iglesias Cabanas, contra Francisco Gándara Peña, debo declarar e declaro a separación do matrimonio formado polos litigantes, adoptando como medidas de tal situación, ademais das que se producen por ministerior da lei, as que seguen:

1. Outórgaselle á esposa a garda e custodia dos fillos comúns sen prexuízo da patria potestade compartida de ámbolos dous proxenitores, e do dereito de visitas que con carácter mínimo e en defecto de acordo, ó que se insta os esposos por ser sen dúbida o máis aconsellable para os menores, se fixa nas fins de semana alternas desde as 20 horas do venres ata as 20 horas do domingo, así como a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán, correspóndelle á nai a elección dos anos pares e ó pai os impares.

2. Atribúeselles á esposa e ós fillos o uso da vivenda familiar sen prexuízo de que o esposo poida retirar dela os seus obxectos e efectos de uso persoal.

3. Fíxase a cantidade de 2.240 euros como obriga de alimentos ós fillos por conta do pai, quen os

deberá satisfacer mensualmente na conta designada para o efecto pola nai e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e que se actualizará anualmente conforme varía o IPC publicado polo INE ou organismo que o susbstitúa.

Todo isto sen expresa imposición de custas.

Notifíquese ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación conforme o disposto no artigo 456 e seguintes da Lei de axuizamento civil (LAC).

E, para que lle sirva de notificación a Francisco Gándara Peña, expídese este edicto en Lugo o trece de xaneiro de dous mil tres.

O/A secretario/a

Rubricado