Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.827

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de xaneiro de 2003 pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 31, do xoves, 13 de febreiro de 2003, cómpre realiza-las seguintes correccións:

Nas páxinas 1.615 a 1.621, cada vez que se di: «Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual», debe dicir: «Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual».

Na páxina 1.616, no artigo 3º, parágrafo primeiro, donde di: «Quedan excluídos os solicitantes que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e

Turismo e non cumprisen as bases e a finalidade establecida na súa convocatoria o seu investimento», debe dicir: «Quedan excluídos os solicitantes que fosen beneficiarios dalgunha outra subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e incumprisen as bases e a finalidade establecida na súa convocatoria».