Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Cambre.

Visto o expediente do convenio colectivo do Concello de Cambre (código convenio 1503082), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-11-2002 e complementado o 16-12-2002, subscrito en representación da parte económica polo Concello de Cambre, e, da parte social, polo delegado de persoal o día 30-7-2002, ratificado polo pleno da corporación o 14-11-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de tra

ballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concliación

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal laboral do

Concello de Cambre

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

As partes que concertan este acordo son o Concello de Cambre e o seu persoal laboral, representado polos/as delegados/as de persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

1. O presente convenio será de aplicación ó persoal laboral que preste os seus servicios no Concello de Cambre.

2. Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste convenio:

a) Os contratos de asistencia, regulados polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) O persoal incluído no ámbito de aplicación do R.D. 1382/1982, do 1 de agosto, que regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección.

c) O persoal que sexa contratado para a execución de plans de fomento de emprego, formación de parados/as, programas de servicios sociais ou similares, en desenvolvemento de convenio ou con cargo as subvencións nas que interveña outra entidade, xa sexa da Administración central, autonómica, local ou institucional.

d) O persoal que realice traballos de colaboración social.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O propio da corporación municipal.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

O propio da súa demarcación territorial e ó que puidera estenderse en comisión de servicios.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

A vixencia das normas contidas no presente convenio estenderanse desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2005, catro anos, salvo no concernente ós importes das cláusulas salariais, que terán unha vixencia anual e revisable con efectos do 1 de xaneiro de cada ano de eficacia do convenio.

Artigo 6º.-Denuncia.

Terá que formularse por escrito dirixida a outra parte concertante, e se procede legalmente á autoridade laboral, durante o mes de outubro de 2005.

No caso de non denunciarse na forma e período citados, entenderase prorrogado de ano en ano, revisándose unicamente os importes dos conceptos salariais, ata que formalmente se denuncie nos sucesivos meses de outubro das anualidades de prórroga.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Un mes despois da sinatura do convenio polas partes negociadoras será designada unha comisión paritaria para entender da interpretación e vixilancia das cláusulas do texto convencional.

Esta comisión estará integrada por seis membros elixidos libremente por cada parte concertante. Calquera discrepancia sobre a interpretación das cláusulas do presente convenio terá que someterse con carácter previo e obrigatorio á comisión paritaria, sen prexuízo do dereito posterior de acudir ás pertinentes instancias administrativas ou xudiciais correspondentes. Así mesmo a comisión paritaria estará facultada para estudiar e acordar na aplicación do convenio, cantas modificacións normativas se puideran requirir por cambios da lexislación actualmente vixente.

Por petición de calquera das partes, por escrito, e cunha antelación mínima de tres días hábiles, a comisión paritaria estará obrigada a reunirse; de non prestarse a iso a outra parte, a parte convocante poderá adopta-las medidas legais que estime máis oportunas.

Logo da consulta á comisión de interpretación, tódalas condicións establecidas no convenio deberán ser interpretadas e aplicadas de forma que resulte máis beneficiosa para os empregados/as do concello, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto ó seu sentido e alcance.

Na sesión constitutiva procederase a designar, por acordo da comisión as persoas que exercerán a súa presidencia e a súa secretaría.

Os acordos tomaranse por unanimidade entre ámbalas dúas representacións e serán recollidos en acta, e daráselle-la publicidade nos taboleiros de anuncios do centros de traballo, ou se a súa transcendencia o aconsella, publicaranse no BOP.

Artigo 8º.-Indivisibilidade do convenio.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados global e conxuntamente en cómputo anual. No suposto de que a xurisdicción administrativa e/ou laboral competente no exercicio das súas facultades deixaran sen efecto ou modi

ficaran algunha das estipulacións deste convenio, deberá adaptarse este, facultándose para iso á comisión paritaria, necesitando para a súa eficacia a preceptiva aprobación polo Pleno da Corporación.

Artigo 9º.-Pacto de arbitraxe.

Na hipótese de que como consecuencia de non poder alcanzar acordos interpretativos respecto da aplicación e/ou desenvolvemento deste convenio, as partes formularán a cuestión perante a autoridade laboral pola vía do conflicto colectivo.

Só no caso de grave desacordo coa resolución arbitral, poderase excepcionalmente acudir a instancias xudiciais.

Capítulo II

Cobertura de postos e cadro de persoal

Artigo 10º.-A oferta de emprego.

As necesidades de recursos humanos que non poidan ser cubertas cos efectivos de persoal existentes serán obxecto de oferta de emprego público. Unha vez determinadas as vacantes comunicaráselles ós representantes dos traballadores a relación destas.

Artigo 11º.-A selección.

Decidida polo alcalde a convocatoria, o contido das probas selectivas será posto en coñecemento dos/das representantes dos traballadores/as antes da súa publicación en calquera medio que lle poida corresponder. Nos tribunais que xulguen as probas garantirase o respecto ó criterio de especialización. En calquera caso garantirase a presencia dun/dunha representante dos traballadores/as que poderá delegar noutro/a traballador/a do concello para así cumpri-los requisitos de especialización.

En todo caso, os membros do tribunal nunca será inferior a cinco aplicando para o caso os criterios xerais de selección previstos para as administracións públicas.

Artigo 12º.-Contratos.

Os contratos de traballo formalizaranse por escrito, incluirán unha cláusula de que o contrato é subscrito polo/a traballador/a con coñecemento das obrigas que derivan da normativa vixente de incompatibilidades, inhabilitación ou separación do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. En calquera caso o concello subministraralle información ó traballador/a, antes da sinatura do contrato, das normas que lle afecten.

Para a fixación do período de proba, establécense os seguintes períodos:

-Grao superior: 6 meses.

-Resto persoal: 3 meses.

Artigo 13º.-Promoción profesional.

Os ascensos dentro do sistema de clasificación profesional negociaranse entre o concello e a representación dos/das traballadores/as.

En todo caso os ascensos produciranse tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do/a traballador/a.

Artigo 14º.-A contratación temporal.

Os postos de traballo que respondan á actividade regular, normal e permanente do concello serán atendidos por persoal laboral fixo. A contratación temporal empregarase nos termos recollidos nas distintas disposicións normativas que regulan este tipo de contratos.

Xustificada a necesidade de contratación temporal polo servicio correspondente e autorizada a contratación polo alcalde-presidente ou concelleiro delegado de Facenda e Réxime Interior, a contratación de persoal non permanente efectuarase mediante os sistemas de concurso ou concurso-oposición, logo de convocatoria pública e petición ó Servicio Galego de Colocación de persoas que reúnan os requisitos esixidos, segundo o perfil do posto de traballo que se vai desempeñar.

A selección deste persoal efectuarase coa participación da representación social ou das organizacións sindicais asinantes do presente convenio, salvo renuncia.

O concello tomará as medidas oportunas para evitar que os postos fixos do catálogo de persoal laboral sexan reiteradamente ocupados por persoal eventual.

Capítulo III

Xornada laboral, calendario, vacacións, licencias e permisos

Artigo 15º.-Calendario.

O calendario laboral será o que os organismos competentes da Administración central, autonómica ou local, dentro das súas respectivas competencias, sinalen e afecten o municipio de Cambre.

Establécese, ademais, como festa propia dos empregados laborais do Concello de Cambre, con carácter non recuperable, a festividade de Santa Rita, 22 de maio.

Os días de Sábado Santo, 24 e 31 de decembro serán, así mesmo, non laborables. Cando por razóns de servicio o/a traballador/a non puidera gozar algún dos anteriores días non laborables, compensaráselle cun día de descanso noutra data.

Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-los seus traballos en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto o calendario laboral, axustaranse os calendarios que estableza a concellería responsable, oído o órgano de representación dos/das traballadores/as.

Artigo 16º.-Xornada e horario.

A xornada laboral será regulamentariamente establecida para o persoal das administracións públicas en réxime de horario flexible. O persoal a tempo parcial terá a xornada establecida no seu contrato. O horario laboral xeral para poder cumpri-la xornada establecida será de luns a venres, de 7.30 a 15 horas.

Nos servicios onde non se poida establece-lo horario xeral adoptaranse as quendas de traballo que serán fixadas pola concellería responsable, oído o órgano de representación dos traballadores/as.

Estes horarios de traballo específicos de cada servicio serán confeccionados para cada anualidade dentro dos 15 primeiros días do mes de decembro

do ano anterior aquel en que se vaian poñer en práctica. En todo caso, oírase a representación legal dos traballadores/as.

En circunstancias extraordinarias e para servicios determinados a Concellería de Facenda e Réxime Interior e a responsable do servicio, oído o órgano de representación dos traballadores/as, poderá realiza-las modificacións horarias que fosen necesarias.

Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido que, como regra xeral, comprenderá a tarde do sábado e o día completo do domingo ou, se é o caso, a maña do luns.

O horario flexible aplicarase ós seguintes postos de traballo: axente de desenvolvemento local, diplomado en traballo social, informático, coordinador de deportes, así como aqueles postos que, oída a representación legal dos traballadores, poida fixa-la concellería responsable.

Para a súa aplicación teranse en conta as seguintes normas:

-A parte principal do horario, chamado fixo ou estable, será das 9 horas as 14.30 horas.

-A parte variable do horario, constituída pola diferencia entre o horario anteriormente citado e a xornada semanal, poderase cumprir entre as 8 e as 9 horas da mañá, e entre as 14.30 e as 21 horas, sen prexuízo de que por necesidades puntuais do servicio deba cumprirse o horario xeral laboral.

Establécese un marxe de flexibilidade para a entrada ó traballo de trinta minutos diarios para aqueles postos que teñan horario flexible, o tempo demorado terá que ser recuperado no mesmo día á hora de saída, co mesmo tempo que o demorado á entrada.

Tódolos traballadores, con xornada continuada, disporán dun período de vinte minutos diarios de descanso, con carácter non recuperable, dentro da xornada laboral, debéndose realizar entre o persoal esta ausencia de forma graduada co fin de que sigan atendidos os distintos servicios municipais. Cada xefatura da unidade administrativa distribuirá este período de descanso atendendo as necesidades do servicio e tendo en conta que non poderán estar ausente a un mesmo tempo máis do 50% do persoal adscrito a este.

Nos postos de traballo nos que non sexa posible toma-lo descanso dentro do horario continuado por razóns de atención permanente ó público, sen suplencia posible, compensarase ó traballador este tempo conforme as disposicións da xefatura da unidade administrativa (exemplo: conserxes de instalacións deportivas de servicio ó público permanente).

Durante os meses de xullo e agosto o horario dos traballadores a tempo completo será de 8 a 14 horas.

Para os traballadores que se beneficien da reducción estival da xornada, as horas non traballadas serán compensadas por horas que se poidan traballar a maiores sobre a xornada habitual do resto do ano, cando as necesidades do servicio así o esixan.

Tódolos traballadores comprendidos dentro deste convenio están sometidos ó sistema de control de

horario, ó comezo e ó final da xornada laboral diaria e de inicio e fin do descanso diario que estipule a concellería responsable.

Calquera ausencia do posto de traballo durante a xornada laboral que non estea directamente relacionada coas obrigas laborais propias e inherentes ó posto de traballo deberán ser fichadas, así como a posterior entrada.

Artigo 17º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais, non substituíble por compensación económica, será dun mes natural ou de trinta e un días naturais cando o inicio das vacacións non coincida co comezo do mes natural, ou, se é o caso, na proporción que lle corresponda de non prestarse o servicio o ano completo.

As vacacións gozaranse, preferentemente, no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de cada ano, podendo dividirse, se as necesidades do servicio o permiten, en períodos de 15 ou sete días, como norma xeral.

Poderán ser fixadas fóra de aquel período por iniciativa e vontade do traballador sempre que non sexa posible gozalas no período de tempo anteriormente citado, e non cause trastornos ó servicio.

Antes do 15 de maio de cada ano, cada unidade administrativa ou servicio deberá remiti-lo seu plan de vacacións a unidade de persoal, para a súa posterior aprobación por resolución da alcaldía.

O plan de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, logo de solicitude do interesado, sempre que non exista oposición por parte do xefe da unidade administrativa ou servicio correspondente, fundamentada en razóns obxectivas do servicio, e non afecte a intereses de terceiros no ámbito de quendas preestablecidas.

O período de vacacións poderá quedar suspendido por instancia do interesado cando este presente unha baixa médica, sempre suxeito á decisión que poida adopta-la comisión paritaria reunida para o efecto.

Igualmente, e para o suposto de que a dita baixa fose con anterioridade ó inicio das vacacións, e subsistira no día sinalado para o comezo delas, estas non comezaran a correr para o interesado.

Tanto nun como noutro caso, de producirse colisión de intereses entre o traballador que ve modificado o seu cadro de vacacións como consecuencia da baixa médica e aqueles outros, funcionarios ou traballadores, da súa mesma unidade administrativa ou servicio que xa as tiveran programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que, en todo caso, terá que supeditarse ás necesidades do servicio.

Artigo 18º

En materia de licencias e permisos estarase ó regulado pola lexislación vixente e aplicable en cada momento e ó que se dispón nos artigos seguintes.

Artigo 19º.-Licencia por matrimonio.

Por razón de matrimonio propio o traballador terá dereito a unha licencia retribuída de 15 días naturais, que se poderán gozar con anterioridade ou posterioridade á data da súa celebración, incluíndo a dita data.

Artigo 20º.-Licencia por maternidade/paternidade.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se gozarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

Artigo 21º.-Licencias por estudios.

Poderá concederse licencia para realizar estudios ou cursos en materia directamente relacionada co posto de traballo, logo de solicitude presentada no rexistro xeral.

Esta licencia poderá ser concedida polo alcalde-presidente, debendo contar co informe favorable do xefe da unidade administrativa ou do servicio correspondente. No caso de concederse, o traballador terá dereito a percibi-la súa remuneración e demais beneficios legalmente establecidos.

Artigo 22º.-Licencias para funcións sindicais.

O traballador, previo aviso, terá dereito a ausentarse do traballo con dereito a remuneración para realizar funcións sindicais ou representación do persoal nos termos establecidos legalmente.

Artigo 23º.-Licencia sen retribución.

Os traballadores con contrato laboral indefinido poderán solicitar licencia sen retribución, que non poderá ter unha duración superior a tres meses nun período de dous anos.

A solicitude será motivada por parte do traballador e a concesión corresponderá á alcaldía, que terá en conta para a súa resolución as necesidades do servicio.

Artigo 24º.-Permisos.

Os traballadores/as, logo de aviso e xustificación, e sen prexuízo do establecido na lexislación vixente en cada momento, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e períodos de tempo que a continuación se relacionan:

1. Dous días polo nacemento ou adopción de fillos ou pola morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, cando o suceso se produza na mesma localidade, e catro días cando suceda noutra localidade distinta, susceptibles en ámbolos casos de ser ampliados pola alcaldía ata un máximo de 7 días, en atención tanto á distancia coma noutras circunstancias que concorran no suceso.

2. Un día por traslado de domicilio habitual.

3. O tempo imprescindible para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, no que o/a traballador/a non poida ser substituído por outra persoa.

4. Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude ou avaliación en centros oficias de formación, durante os días da súa celebración.

5. Os permisos a que se refire o presente artigo serán solicitados por escrito e a súa concesión será efectuada pola alcaldía, logo de informe da concellería de persoal. Deberán ser solicitados con antelación suficiente e ser resoltos, así mesmo, con anterioridade ós días solicitados.

6. Nove días por asuntos propios, que terán o carácter de non recuperables. Os días sinalados poderán ser gozados sempre que o permitan as necesidades do servicio.

O persoal poderá distribuír estes días á súa conveniencia, logo de comunicación a xefatura da unidade da que dependa, e tendo en conta que nunca deberá estar ausente nun mesmo tempo, máis do 50% do persoal adscrito a un servicio, salvo naqueles casos onde só houbese un/unha traballador/a. O goce destes días deberá de comunicarse a unidade de persoal.

Artigo 25º

Cando por razóns de enfermidade ou accidente o traballador precise asistencia no consultorio médico da Seguridade Social, en horas coincidentes coa xornada de traballo, ten a obrigación de xustifica-la súa asistencia ó consultorio médico.

Artigo 26º

No non disposto na materia de permisos nos anteriores preceptos, estarase ó establecido nas normas xerais de aplicación.

Capítulo IV

Regulacións económicas

Artigo 27º

En orde a establece-las retribucións das distintas categorías de traballadores/as, acollidos o presente convenio sinálase que estas, que constan no anexo I, refírense o traballo desempeñado a xornada completa. Os/as que presten os seus servicios a tempo parcial percibiran a parte proporcional en relación á xornada efectivamente realizada.

Anualmente e durante a vixencia deste convenio procederase a unha revisión salarial individual na porcentaxe de incremento que se estableza para os funcionarios/as públicos/as nos orzamentos xerais do Estado.

Cando por unha disposición se estableza para os funcionarios/as da Administración do Estado unha revisión das súas retribucións por diferencias entre a inflación real e os incrementos establecidos nos orzamentos xerais do Estado, tal revisión será aplicada automaticamente, e cos mesmos efectos que para os funcionarios/as.

As distintas categorías recollidas neste convenio poderán ser modificadas se como consecuencia da aprobación do orzamento de cada ano así fosen recollidas no correspondente catálogo de postos de traballo da corporación.

Artigo 28º.-Salario base.

O salario base será idéntico ó que perciben os funcionarios/as de igual grupo (anexo I).

Artigo 29º.-Complemento persoal de antigüidade.

Os traballadores/as afectados polo presente convenio percibirán por este concepto idéntica cantidade á que perciben os/as funcionarios/as de igual grupo (anexo I).

O complemento aboarase cando o traballador/a vaia cumprindo, sucesivamente, trienios e seguindo o mesmo réxime legal establecido ou que se poida

establecer para os funcionarios municipais. Os trienios percibiranse a partir do mes seguinte ó seu cumprimento.

Complementos salariais.

Artigo 30º.-Complemento de destino ou de convenio.

É a retribución mensual que ten asignado cada posto de traballo e que percibe o persoal laboral en función do nivel asignado a cada posto no catálogo de postos de traballo (anexo I).

Artigo 31º.-Complemento específico.

O complemento específico de carácter non consolidable está destinado a retribuí-las condicións particulares dalgúns postos de traballo en atención a súa especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade, perigosidade ou penosidade, segundo a valoración de postos efectuada polo concello e recollida no catálogo de postos de traballo (anexo I).

Artigo 32º.-Complemento de productividade.

Está destinado a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese e iniciativa con que o traballador/a desempeñe o seu posto de traballo. A apreciación da productividade deberá realizarse en función de circunstancias obxectivas relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo e obxectivos asignados a este. En ningún caso as contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto ás valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

As cantidades que perciba cada traballador/a por este concepto será de coñecemento público, tanto dos demais traballadores/as da corporación como dos/das representantes sindicais.

Gratificacións extraordinarias.

Artigo 33º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores/as percibirán anualmente dúas pagas extraordinarias: unha no mes xuño e outra no mes de decembro.

O importe de cada unha delas será dunha mensualidade que se perciba nun mes ordinario.

Outros conceptos retributivos.

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

Acórdase a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extras, isto é, as realizadas fóra da xornada de traballo, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias normais, reducilas ó mínimo posible.

b) Horas extraordinarias estructurais, excepcionais ou orixinadas por producirse imprevistos, ausencias, interrupcións do servicio, alteracións das quendas do persoal ou outras circunstancias de carácter puntual derivadas da actividade ou servicio de que se trate que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

O número de horas extras individuais non superará, en ningún caso, o tope establecido na lexislación vixente.

A retribución que corresponda polas horas extraordinarias realizadas será incluída na nómina do mes seguinte á súa realización.

Non computarán, para os efectos do tope establecido, as horas extraordinarias compensadas mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Artigo 35º.-Gastos de mantemento e desprazamento.

Por estes conceptos os traballadores acollidos ó presente convenio percibirán as mesmas cantidades que os funcionarios, en categorías asimiladas, do Concello de Cambre.

Capítulo V

Regulacións socioeconómicas

Artigo 36º.-Incapacidade temporal

En casos de baixa por incapacidade temporal legalmente declarada, estarase ó establecido para estas situacións no artigo 69.1º do texto articulado da Lei de funcionarios civís do Estado (Decreto 315/1964, do 7 de febreiro) ou norma que o substitúa, e en todo caso, ó disposto no réxime xeral da seguridade social para os casos de incapacidade temporal.

Artigo 37º.-Presentación de partes de baixa, confirmación e alta por IT.

A situación de enfermidade ou accidente deberá acreditarse co parte de baixa expedido por facultativo da seguridade social. Tal parte de baixa así como os partes de confirmación de baixa, será imprescindible presentalos antes do cuarto día hábil posterior á súa data e deberá ser entregado polo interesado ou outra persoa no seu nome na unidade de persoal.

A imposibilidade de asistencia ó traballo por enfermidade sobrevida deberá notificarse ó xefe da unidade respectiva o mesmo día no que se produza; este, á súa vez, comunicarao á unidade de persoal.

A alcaldía poderá efectua-la comprobación do estado da enfermidade ou accidentes de calquera traballador cando o considere oportuno, a través dos servicios médicos que designe.

Artigo 38º.-Seguros de accidentes e responsabilidade civil.

1. O concello subscribirá unha póliza de seguros colectiva de accidentes, na mesma contía que para os funcionarios/as, sendo os asegurados os traballadores/as sometidos a este convenio en situación de activo, cubrindo os seguintes riscos:

a) Invalidez permanente ou absoluta por accidente laboral ou accidente in itinere.

b) Falecemento por accidente laboral ou accidente in itinere.

2. O Concello obrígase a cumprir posibles responsabilidades civís que puideran derivar das actividades propias dos traballadores municipais, salvo en caso de manifesta neglixencia.

Para estes efectos o concello subscribirá unha póliza de seguros que garanta unha adecuada cobertura por responsabilidade civil.

Artigo 39º.-Asistencia xurídica.

O concello obrígase a prestar asistencia xurídica os traballadores no supostos de conflictos xurídicos con terceiros como consecuencia da prestación dos seus servicios.

Capítulo VI

Condicións sociais

Artigo 40º.-Servicios sociais.

O persoal suxeito ó presente acordo terá dereito ó resarcimento dos gastos orixinados polos seguintes conceptos:

a) Servicios sanitarios non concertados.

b) Garda e coidado de fillos ou cónxuxe diminuído físico ó psíquico.

c) Bolsa de estudios e gardería.

d) Odontoloxía e oftalmoloxía.

e) Adquisición vivenda/melloras da vivenda habitual.

A distribución das cantidades para repartir entre os conceptos anteriores será realizada polo órgano correspondente logo de informe da comisión paritaria de conformidade co disposto no Regulamento de axudas económicas que se incorpora como anexo II a este convenio. O dito regulamento poderase modificar, logo da proposta dos órganos de representación do persoal e aprobación polo órgano corporativo competente.

Dotarase anualmente un crédito orzamentario por unha contía equivalente ó 7% da masa salarial bruta que corresponda a cada anualidade co fin de cubri-lo custo das condicións socias e póliza de seguro de accidentes recollida no artigo 38º.

Artigo 41º.-Anticipos reintegrables.

Por petición do interesado o concello concederalles ós traballadores anticipos de ata catro mensualidades da súa retribución, cun tope máximo de 3.005,06 euros, a devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina e sen que xeren ningún tipo de xuro.

O período máximo de devolución establecerase en relación co importe respectivo, segundo o seguinte baremo, podendo, en calquera caso, solicitarlle ó traballador un período menor para a amortización:

-6 meses para unha mensualidade.

-12 meses para dúas mensualidades.

-18 meses para tres mensualidades.

-24 meses para catro mensualidades.

Cando se conceda un anticipo que alcance o tope máximo sinalado sen que coincida co importe exacto de mensualidades, devolverase no período de tempo que corresponda segundo as mensualidades.

O período máximo non poderá exceder, en ningún caso, da data en que se produza legalmente a xubilación do solicitante, debéndose ratear neste caso o importe deste nas mensualidades que resten ata a dita data.

No suposto de traballadores temporais, terase en conta o tempo que falte para o seu previsible cesamento.

As solicitudes de anticipos reintegrables terán que ser xustificadas polos interesados e serán resoltas por decreto de alcaldía, logo do visto e prace por parte da comisión de seguimento deste convenio. A comisión reunirase unha vez cada trimestre para o estudio dos distintos anticipos presentados.

Capítulo VII

Formación e seguridade e saúde

Artigo 42º.-Formación e perfeccionamento profesional.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a ver facilitada a realización de estudios académicos ou profesionais.

O concello, en colaboración coas distintas administracións, procurará a realización de cursos de formación e as actividades que cumpran para perfeccionar e actualiza-los coñecementos profesionais do seu persoal.

Artigo 43º.-Recoñecemento médico.

Cada ano poderán efectua-los traballadores municipais un recoñecemento médico integral por medio da mutua de accidentes que teña cubertas as incidencias deste concello.

Artigo 44º.-Réxime de vestiario e instrumentos de traballo.

O concello facilitará roupa de traballo, calzado e instrumentos de traballo homologado, e de uso obrigatorio para todo o persoal ó seu servicio cando as condicións e a natureza do traballo o requiran por razóns de seguridade e hixiene, uniformidade ou outro motivo xustificado.

O vestiario que proceda entregarase ós traballadores o inicio das súas funcións, renovándose periodicamente segundo os prazos que fixen para cada elemento en cada unidade ou servicio.

Artigo 45º.-Normas de seguridade e saúde.

Serán de aplicación as normas de carácter xeral que estean en vigor en materia de seguridade e saúde.

Capítulo VIII

Dereitos e deberes xerais

Artigo 46º.-Dereitos lingüísticos.

Os traballadores do Concello de Cambre teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo o concello desa maneira a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística e demais disposicións legais concordantes.

O Concello de Cambre fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos cidadáns e administracións públicas en Galicia.

Artigo 47º.-Dereitos e garantía sindicais.

Serán de aplicación ós traballadores do Concello de Cambre os dereitos recoñecidos no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normas que puideran ser de aplicación.

Artigo 48º.-Deberes e faltas.

Os deberes básicos do traballador/a recollidos no artigo 5 do vixente Estatuto dos traballadores son de especial aplicación neste convenio, que polo carácter de servicio público que ofrece o concello, os traballadores teñen a obriga de oferta-la maior calidade e productividade posible de servicio no seu posto de traballo.

Toda falta cometida por un traballador cualificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia ou intención, en leve, grave ou moi grave. A enumeración dos diferentes tipos de faltas, dentro de cada un dos grupos indicados que figuran nos epígrafes seguintes, é meramente enunciativa e non implica que non poidan existir outras, as cales serán cualificadas segundo a analoxía que garden con aquelas.

Artigo 49º.-Faltas leves.

a) A incorrección cos superiores xerárquicos, cos compañeiros e o público en xeral.

b) O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das labores.

c) A presentación extemporánea de partes de baixa ou confirmación de IT, a non ser por causa de forza maior ou probase a imposibilidade de facelo.

d) De 3 a 5 faltas de puntualidade nun mes.

e) Neglixencia no coidado e conservación de materiais e utensilios de traballo, mobiliario de locais onde se presten os servicios.

f) A falta de asistencia inxustificada durante un día en un mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

Artigo 50º.-Faltas graves.

a) A falta de disciplina no traballo ou do respecto debido os superiores ou compañeiros/as de traballo.

b) O incumprimento de ordes e instruccións dos superiores e das obrigacións concretas do posto de traballo, así como accidentes ou omisións neglixentes das que deriven ou poidan derivarse prexuízos graves para o servicio.

c) A desconsideración co público no exercicio do traballo.

d) O incumprimento ou abandono das normas de seguridade e hixiene no traballo establecidas.

e) A falta de asistencia ó traballo sen causa xustificada, durante dous días ó mes, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo por causa de forza maior.

f) O abandono do posto de traballo.

g) As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada durante máis de 5 días ó mes en menos de 10 días.

h) Simulación de enfermidade ou accidente.

i) A colaboración e encubrimento de faltas de calquera natureza cometidas por outros/as traballadores/as.

l) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas leves, nun prazo e seis meses.

m) O incumprimento dos prazos ou outra disposición de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoña mantemento dunha situación de incompatibilidade.

Artigo 51º.-Faltas moi graves.

a) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións ou no desempeño das funcións encomendadas, así como calquera conducta constitutiva de delicto doloso.

b) O manifesto incumprimento das ordes recibidas dos superiores.

c) A diminución continuada e voluntaria do rendemento no traballo, normal ou pactado.

d) A utilización ou difusión indebida de datos ou informacións dos que se tea coñecemento por razón do traballo propio ou alleo.

e) O falseamento neglixente de datos e información do servicio solicitados polos superiores.

f) Os malos tratos de palabra ou obra cos compañeiros, superiores xerárquicos ou público.

g) O acoso sexual.

h) A reiteración ou reincidencia na comisión de faltas graves no prazo de vintecatro meses.

Artigo 52º.-Sancións e prescrición de faltas.

As sancións que poderán impoñerse, en función da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por falta leve:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata tres días.

b) Por falta grave:

-Suspensión de emprego e soldo entre catro e dezaseis días.

c) Por falta moi grave:

-Suspensión de emprego e soldo entre dezaseis días e corenta e cinco días.

-Despedimento.

As infraccións cometidas polos traballadores prescribirán: as leves, ós dez días; as graves, ós vinte días, e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisións e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Artigo 53º.-Condicións máis favorables.

As melloras establecidas noutras disposicións de dereito necesario que melloren as condicións de traballo ou as retribucións establecidas neste convenio aplicaranse de forma inmediata en beneficio do traballador.

ANEXO I

Salario base e trienios

CategoríaEquivalen-

cia co grupo

Salario base

mensual

Trienios mensual

Responsable Axencia Desenvolvemento LocalA1.007.89 euros38.72 euros

Axente Desenvolvemento LocalA1.007.89 euros38.72 euros

Técnico Promoción EconómicaA1.007.89 euros38.72 euros

Diplomado/a en Traballo SocialB855.43 euros30.98 euros

Coordinador/a deportivoC637.66 euros23.25 euros

Administrador/a sistema informáticoC637.66 euros23.25 euros

Auxiliar biblioteca-arquivoD521.40 euros15.53 euros

Auxiliar monitora terceira idadeD521.40 euros15.53 euros

Capataz brigada obrasE476.00 euros11.65 euros

Oficial obrasE476.00 euros11.65 euros

Operario conductorE476.00 euros11.65 euros

Operario servicios múltiplesE476.00 euros11.65 euros

Traballadores familiaresE476.00 euros11.65 euros

Complementos salariais

CategoríaNivelComplemento

destino mensual

Complemento

específico

mensual

Responsable Axencia Desenvolvemento Local26637.87 euros765.52 euros

Axente Desenvolvemento Local25565.93 euros549.62 euros

Técnico Promoción Económica25565.93 euros549.62 euros

Diplomado/a en Traballo Social24532.54 euros332.50 euros

Coordinador/a deportivo20401.69 euros304.77 euros

Administrador sistema informático20401.69 euros304.77 euros

Auxiliar biblioteca-arquivo16319.65 euros157.66 euros

Auxiliar monitora terceira idade16319.65 euros157.66 euros

Capataz brigada obras12237.56 euros431.21 euros

Oficial obras12237.56 euros225,00 euros

Operario conductor12237.56 euros180.28 euros

Operario servicios múltiples10217.07 euros160.37 euros

Traballadores familiares07165.79 euros53.88 euros

Horas extraordinarias

CategoríaNormasFestivas

nocturnas

Responsable Axencia Desenvolvemento Local24,04 euros27.05 euros

Axente Desenvolvemento Local24,04 euros27.05 euros

Técnico Promoción Económica24.05 euros27.05 euros

Diplomado/a en Traballo Social19.83 euros24.04 euros

Coordinador/a deportivo15.63 euros19.83 euros

Administrador sistema informático15.63 euros19.83 euros

Auxiliar biblioteca-arquivo12.02 euros15.03 euros

Auxiliar monitora terceira idade12.02 euros15.03 euros

Capataz brigada obras10.82 euros13.22 euros

Oficial obras10.82 euros13.22 euros

Operario conductor10.82 euros13.22 euros

Operario servicios múltiples10.82 euros13.22 euros

Traballadores familiares10.82 euros13.22 euros

ANEXO II

Regulamento de axudas económicas

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal de aplicación.

1. Poderán optar ás axudas económicas descritas neste regulamento o persoal laboral do Concello de Cambre, sempre e cando posúa tal condición no ano a que se refira a convocatoria do concurso de axudas económicas e realizase o gasto tendo tal condición; así como os membros da súa unidade familiar.

2. Entenderase por unidade familiar a formada polo traballador/a, seu cónxuxe ou parella e os fillos solteiros de ata 26 anos de idade, que non superen os ingresos establecidos na normativa que regula o imposto sobre a renda das persoas físicas, que convivan no domicilio familiar e que dependan economicamente de seus pais. Exceptúanse aqueles fillos que, reunindo as condicións anteriores, vivan voluntariamente en domicilio distinto do familiar.

3. Para efectos do disposto no número anterior, recoñeceranse os casos de convivencia marital debidamente acreditados e poderanse valorar e estima-los posibles casos doutros membros da unidade familiar economicamente dependentes do solicitante.

4. No suposto que o solicitante non prestase servicios durante todo ano ou o curso escolar a que se refira o concurso de axudas económicas, ben por ter ingresado ou ben por ter pasado á situación de excedencia no transcurso do ano, percibirá a axuda polo importe directamente proporcional ó tempo traballado.

Artigo 2º.-Solicitudes

1. As solicitudes das axudas serán formuladas, en todo caso, polos empregados/as municipais no modelo oficial que facilitará o rexistro xeral, facendo constar que tipo de axudas se solicitan, para quen se solicita e achegando a documentación esixida.

2. No caso de que os dous cónxuxes sexan empregados municipais, ambos deberán asina-la solicitude da axuda económica, independentemente de cal deles a solicite.

3. O feito de presenta-la solicitude supón a aceptación das condicións establecidas neste regulamento.

Artigo 3º.-Prazo de presentación de solicitudes.

1. O prazo de presentación de solicitudes para cada un dos tipos de axuda será o seguinte:

a) Minusválidos, adquisición de vivenda ou mellora da vivenda habitual. Desde o día seguinte ó de finalización do prazo para presentaren a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ata o 31 de outubro.

b) Bolsa de estudios e gardería. Desde o día seguinte ó de finalización do prazo para presentaren a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ata o 31 de outubro, agás para o caso de estudios universitarios que se entenderá ampliado ata o 31 de decembro.

c) Enfermidade, odontoloxía e oftalmoloxía. Desde o día seguinte ó de finalización do prazo para presentaren a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ata o 31 de decembro.

Artigo 4º.-Documentación.

1. Xunto coa solicitude achegarán a seguinte documentación común ós diferentes tipos de axudas, así como a específica de cada unha delas e que máis adiante se sinalarán.

a) No caso de que o membro da unidade familiar do solicitante para o que se solicita a axuda traballe noutra empresa que conceda axudas económicas polo mesmos conceptos, deberá presentar certificación ou declaración xurada ou baixo promesa de, se é o caso, o importe da axuda recibida.

b) Fotocopia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ó último exercicio, do solicitante e de cada un dos membros da súa unidade familiar. No caso de non alcanza-los ingresos mínimos que lle eximan de presenta-la declaración da renda esixirase certificación de Facenda que o xustifique.

Artigo 5º.-Causas xerais de exclusión.

Serán causas xerais de exclusión das axudas económicas, entre outras, as seguintes:

a) Presenta-la solicitude fóra de prazo.

b) Non achegar coa solicitude a documentación esixida.

c) Carecer dalgún dos requisitos ou documentos esixidos.

d) O falseamento e/ou ocultación, debidamente comprobado, de datos ou documentos.

e) Que a persoa causante do gasto non forme parte da unidade familiar e non dependa economicamente do solicitante.

f) Existir separación xudicial do matrimonio cando se solicite axuda económica por gastos do cónxuxe.

g) Renuncia-lo membro da unidade familiar que traballe noutra empresa á axuda económica que, se é o caso, esta lle puidera conceder.

Artigo 6º.-Penalización.

Todos aqueles solicitantes que incorran nunha manifesta ocultación ou falseamento de datos ou documentos que resultaran determinantes para a concesión e/ou fixación da contía da correspondente axuda serán penalizados con cinco anos de exclusión das axudas económicas tódolos membros da unidade familiar, e no caso de que se percibise algunha axuda en tales circunstancias, sen prexuízo da penalización prevista neste artigo, virán obrigados a reintegra-lo importe desta, perdendo o dereito a percibir calquera das axudas económicas descritas no presente regulamento tódolos membros da unidade familiar en tanto non o reintegraran.

Artigo 7º.-Importe das axudas.

1. O importe máximo para percibir en concepto de axuda económica no suposto de non alcanzar ou supera-lo límite que para cada tipo se sinalará, estará determinado polo gasto realizado e acreditado documentalmente polo solicitante, entendendo como tal o importe deste unha vez descontado-los gastos que non proceda computar, segundo o disposto no presente regulamento, e/ou aplicado-los baremos ou límites/índices correctores.

2. No caso de que se perciba axuda económica polo mesmo concepto por parte doutro organismo ou empresa, se o importe desta fora inferior ó que lle corresponda pola aplicación do presente regulamento, terá dereito á percepción desta, deducindo o importe recibido polo mesmo concepto.

Artigo 8º.-Distribución.

1. As cantidades consignadas a cada un dos tipos de axudas distribuiranse de forma inversamente proporcional ós ingresos brutos medios da unidade familiar do solicitante que resulten de aplica-la seguinte táboa, entendendo como ingresos brutos a suma dos rendementos íntegros reflectidos na última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Ingresos medios da unidade familiar

Nº de membros da unidade familiarIngresos brutos multiplicados por:

1

2

3

4

5

6

7

8

50%

35%

25%

20%

16%

14%

12%

10%

2. O importe da axuda económica para percibir por cada solicitante será o resultado de aplica-la seguinte táboa:

Ingresos medios da unidade familiarImporte da axuda

De 2.404,05 a 3.005,06

De 3.005,07 a 3.606,07

De 3.606,08 a 4.207,08

De 4.207,09 a 4.808,10

De 4.808,11 a 5.409,11

De 5.409,12 a 6.010,12

De 6.010,13 a 6.611,13

De 6.611,14 a 7.212,15

De 7.212,16 a 7.813,16

De 7.813,17 a 8.414,17

De 8.414,18 a 9.015,18

De 9.015,19 a 9.616,19

De 9.616,20 a 10.217,21

De 10.217,22 a 10.818,22

De 10.818,23 a 11.419,23

De 11.419,24 a 12.020,24

De 12.020,24 a 12.621,25

De 12.621,26 a 13.222,27

De 13.222,28 a 13.823,28

De 13.823,29 en adiante

100%

95%

90%

85%

80%

75%

70%

65%

60%

55%

50%

45%

40%

35%

30%

25%

20%

15%

10%

5%

3. Para calcula-lo importe da axuda, as anteriores porcentaxes aplicaranse, en todo caso, sobre o límite máximo establecido para cada tipo de axuda, aínda que o gasto realizado fose superior.

4. Se unha vez aplicadas as porcentaxes establecidas na táboa do número 2 deste artigo, non fose suficiente a cantidade existente, a diferencia deducirase linealmente entre tódolos solicitantes.

Artigo 9º.-Consignación porcentual a cada tipo de axuda.

1. As cantidades máximas que se destinen a cada un dos tipos de axuda, sen prexuízo de que, por resultar insuficiente algunha delas, se procederá a efectuar unha redistribución, coa condición de garantirlles ós perceptores/as das axudas económicas polos conceptos de minusvalidez e enfermidade a percepción do 100% da cantidade que lle corres

ponda por aplicación do presente regulamento, serán as que resulten de aplica-las seguinte porcentaxes:

a) Bolsa de estudios: 20%.

b) Enfermidade, odontoloxía e oftalmoloxía: 30%.

c) Adquisición de vivenda ou mellora da vivenda habitual: 10%.

d) Gardería e educación infantil privada: 10%.

e) Para facer fronte ós gastos dos artigos 36 e 39 do acordo regulador: 30%.

2. As cantidades que sobren dentro de cada un dos conceptos antes indicados, acumularanse, en función das necesidades xurdidas, ás cantidades asignadas ós restantes conceptos.

Artigo 10º.-Tramitación.

As axudas económicas serán concedidas por resolución de alcaldía-presidencia por proposta da comisión paritaria reunida para o efecto.

Artigo 11º.-Interpretación do regulamento.

Resérvase á comisión paritaria a facultade de interpreta-las dúbidas ou contradiccións que puideran xurdir da aplicación do presente regulamento, así como a posibilidade de introduci-las modificación que foran precisas para a seu mellor desenvolvemento e/ou aplicación.

Capítulo II

Axuda económica por cónxuxe e/ou fillo/a minusválido/a

Artigo 12º.-Alcance.

Poderán optar a esta axuda económica o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente regulamento con fillos e/ou cónxuxe minusválidos a cargo, sempre que non perciban renda e/ou salario ningún por outro concepto, nos casos en que a minusvalidez sexa dun grao igual ou superior ó 33%, e se concederá a aqueles a quen se lles recoñeza polo INSERSO.

Artigo 13º.-Documentación.

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4.1º, a seguinte:

a) Acredita-lo importe da prestación económica que, en concepto de minusvalidez, perciba polo organismo correspondente da Seguridade Social.

Artigo 14º.-Importe da axuda.

O importe máximo para percibir en concepto de axuda económica por fillo e/ou cónxuxe minusválido a cargo, en función do grao de minusvalidez, será a seguinte:

a) Cónxuxe ou fillo minusválido cun grao de minusvalidez igual ou superior ó 33%: 360,61,euros/ano.

b) Cónxuxe ou fillo minusválido cun grao de minusvalidez igual ou superior ó 65%: 1.081,82,euros/ano.

c) Cónxuxe ou fillo minusválido cun grao de minusvalidez igual ou superior ó 75% e que necesite do concurso doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, como comer, vestirse, desprazarse ou análogos: 1.803,04,- euros/ano.

Capítulo III

Bolsas de estudios

Artigo 15º.-Alcance.

1. Inclúense dentro deste concepto os gastos de matrícula, libros e material escolar como consecuencia dos estudios que realice o persoal incluído no ámbito de aplicación do regulamento, os seus cónxuxes e fillos, en un dos seguintes niveis:

a) Educación infantil (0 a 5 anos), educación primaria (6 a 12 anos).

b) Educación secundaria obrigatoria, bacharelato e/ou ciclos formativos grao medio ou superior.

c) Universidade, escolas técnicas superiores.

d) Estudios homologados polo ministerio ou Consellería de Educación e Ciencia con validez académica.

2. Quedan expresamente excluídos os proxectos de carreira, fin de carreira, os doutoramentos e os masters.

3. Esta axuda económica concederase só sobre un nivel de estudios, carreira ou curso por ano e, no caso de solicitar varias dunha axuda económica, pagarase só una delas, que será a que resulte máis beneficiosa para o interesado.

Artigo 16º.-Documentación.

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4.1º, a seguinte:

a) Certificado de matriculación ou, no caso de universidade, fotocopia compulsada da folla de liquidación das taxas de matrícula, correspondente ó curso para o que se solicite a axuda económica.

Artigo 17º.-Importe máximo destas axudas.

1. O importe máximo para percibir en concepto de axuda económica por gastos de bolsas de estudio será o seguinte:

-Estudios da letra a): 180,30 euros.

-Estudios da letra b): 240,40 euros.

-Estudios da letra c): 480,81 euros.

-Estudios da letra d): un dos anteriores segundo a homologación.

2. No suposto de cursar disciplinas soltas, o importe da axuda calcularase de forma directamente proporcional ó número total de disciplinas do curso correspondente. Se foran disciplinas de distintos cursos calcularase sobre o media de disciplinas destes.

3. Para efectos de cálculo do importe da axuda polos estudios da letra c) ou homologados, non se computarán as disciplinas que se repitan por segunda vez (3ª matrícula).

Capítulo IV

Gardería e educación infantil privada

Artigo 18º.-Alcance.

1. Inclúense dentro deste concepto os gastos derivados da estancia en garderías ou centros privados de educación infantil, durante o curso escolar ó que se refira a oportuna convocatoria, de fillos do soli

citante de ata 3 anos de idade (primeiro ciclo de educación infantil) que dependan economicamente del e que formen parte da súa unidade familiar.

2. Quedan expresamente excluídos dos citados gastos os correspondentes a comida, transporte, seguros, material escolar e deportivo e as denominadas actividades complementarias ou extraescolares.

3. Para efectos do disposto no número 1 deste artigo, entenderase por curso escolar o que vai desde o día 1 de setembro dun ano ata o día 31 de agosto do ano seguinte.

Artigo 19º.-Documentación.

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4.1º, a seguinte:

a) Facturas orixinais desagregadas, ou fotocopias compulsadas, dos gastos realizados.

Artigo 20º.-Importe da axuda.

O importe máximo para percibir polo concepto de axuda por gastos de gardería e primeiro ciclo de educación infantil privada será de 450,76 euros por fillo/a.

Capítulo V

Odontoloxía, oftalmoloxía e enfermidade

Odontoloxía.

Artigo 21º.-Alcance.

Inclúense dentro deste concepto os gastos por tratamentos odontolóxicos excluídos das prestacións da asistencia sanitaria da Seguridade Social realizados polo persoal incluído no ámbito de aplicación do presente regulamento.

Artigo 22º.-Documentación.

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4º.1, a a seguinte:

a) Facturas orixinais desagregadas ou fotocopias compulsadas do gasto realizado.

Artigo 23º.-Importe máximo da axuda.

O importe máximo para percibir polo concepto de axuda económica de odontoloxía estará determinado polos prezos medios do tratamento odontolóxico de que se trate, non podendo exceder, en calquera caso, do límite de 1.803,04 euros por unidade familiar.

Oftalmoloxía.

Artigo 24º.-Alcance.

1. Inclúense dentro deste concepto os gastos realizados na adquisición, por prescrición médica, de elementos correctores da visión (gafas e lentes de contacto), realizados polo persoal incluído no ámbito de aplicación do presente regulamento, a excepción dos fillos que non figuren na cartilla sanitaria de ningún dos cónxuxes.

2. Esta axuda concederase só una vez cada tres anos por membro da unidade familiar, salvo que, para o caso de cristais ou lentes de contacto, exista prescrición médica que xustifique a necesidade do cambio por axuste de graduación.

Artigo 25º.-Documentación.

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4º.1, a seguinte:

a) Informe do oftalmólogo do seguro médico.

b) Factura orixinal desagregada ou fotocopia compulsada do gasto realizado.

Artigo 26º.-Importe da axuda.

O importe máximo para percibir en concepto de axuda económica por gastos de oftalmoloxía non poderán exceder dos que se establecen a continuación:

Monturas de gafas: 120,20 euros.

Cristais: 120,20 euros.

Lentes de contacto: 120,20 euros.

Enfermidade.

Artigo 27º.-Alcance.

Inclúense dentro deste concepto, con carácter xeral, os gastos por servicios e/ou tratamentos sanitarios (médicos, hospitalarios, farmacéuticos, especiais ou de calquera outro tipo) excluídos das prestacións sanitarias da Seguridade Social, realizadas polo persoal suxeito ó ámbito de aplicación do presente regulamento, a excepción dos fillos que non figuren na cartilla sanitaria con ningún dos cónxuxes da unidade familiar.

Artigo 28º

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4º.1, a seguinte:

a) Informe ou prescrición facultativa do especialista do seguro médico que xustifique a necesidade do servicio e/ou tratamento recibido.

b) Factura orixinal desagregada ou fotocopia compulsada dos gastos realizados.

Artigo 29º.-Importe da axuda.

Cada solicitude será estudiada e valorada individualmente pola comisión paritaria, que propoñerá, en función da valoración das circunstancias que concorran en cada caso, o alcance e o importe da axuda económica solicitada polo traballador/a, sobre a que se aplicará a táboa reflectida no artigo 8º.2.

Capítulo V

Adquisición de vivenda ou mellora da vivenda habitual

Artigo 30º.-Alcance.

Inclúense dentro deste concepto o financiamento de intereses derivados da adquisición dunha vivenda ou a mellora da vivenda habitual efectuada polo traballador/a municipal incluído no ámbito de aplicación do presente regulamento.

Artigo 31º.-Requisitos.

Esixiranse os seguintes requisitos para poder optar a esta axuda:

a) A vivenda haberá de servir de residencia habitual e permanente do/a solicitante.

b) Non dispoñer ou ter disposto en réxime de propiedade doutra vivenda, agás cando a nova adquisición responda a unha situación de necesidade acreditada e confirmada polos servicios municipais de asistencia social, en tal caso o solicitante poderá ser beneficiario desta axuda, logo de compromiso de venda da que se pretende abandonar, e coa obrigación de notificarlle ó concello da dita venda e o seu importe cando se produza.

Neste suposto, e unha vez realizada a venda, a axuda que se conceda calcularase sobre a diferencia entre o valor da compra da nova vivenda e o da venda da antiga.

c) Ter concedido un préstamo por unha entidade financeira e ter satisfeito intereses no ano a que se refira o concurso de concesión de axudas económicas.

d) Ter amortizado capital, salvo situacións excepcionais que serán valoradas, dentro do ano de referencia.

Artigo 32º

Sen prexuízo dos datos consignados na solicitude uniranse a esta, ademais da documentación establecida no artigo 4º.1, a seguinte:

a) Fotocopia compulsada da póliza do préstamo hipotecario ou persoal concedido pola entidade financeira.

b) Fotocopia compulsada da escritura de compravenda da vivenda.

c) Fotocopias compulsadas dos recibos trimestrais acreditativos do pagamento, o, se é o caso, certificación expedida pola entidade crediticia, referida ó importe dos xuros pagados e do capital amortizado durante o ano a que se refira o documento.

d) Xustificación documental de que se ocupa a vivenda para a que se solicita a axuda (certificado de empadroamento ou residencia, recibos de electricidade, auga, teléfono, etc.). Esta documentación non se esixirá naqueles supostos de adquisición de vivenda en promoción e, por tanto, atoparse a mesma en construcción.

e) Declaración xurada ou baixo promesa de non posuír outra vivenda.

f) Se a axuda é para a mellora da vivenda, achegar informe técnico das melloras para realizar.

g) Cando a documentación presentada fora insuficiente, poderase requirir ó interesado/a para que a complete.

Artigo 33º.-Importe da axuda económica.

O importe máximo para percibir polo concepto de adquisición de vivenda será o 60% dos xuros pagados polo solicitante dentro do ano a que se refira o concurso de axudas económicas e sobre un préstamo de, como máximo 30.005,61 (trinta mil cinco con sesenta e un céntimos) de euros ou, se é o caso, da cantidade debida do préstamo, referida, en ámbolos casos, ó día un de xaneiro de cada ano.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL