Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona apertura de trámite de audiencia pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Bargado, S.L.)

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de trámite de audiencia pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora do Distrito Hipotecario de Mondoñedo en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Avenida San Lucas 9, Mondoñedo, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 21 de xaneiro de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Bargado, S.L. (B27269984); Bargado 20-Fazouro-Foz-Lugo.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; apertura trámite de audiencia; exp. nº 1851/01.