Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.900

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.

ANUNCIO de concurso de asistencia técnica para a redacción de traballos de planeamento do solo residencial Valdecorvos en Pontevedra.

Xestur Pontevedra, en virtude do convenio do 30 de agosto de 2002, formalizado co Instituto Galego da Vivenda e Solo, convoca o seguinte concurso de asistencia técnica para a redacción de traballos de planeamento.

Destinatarios: profesionais ou empresas con experiencia na redacción e tramitación de planeamento parcial.

Obxecto: asistencia técnica para a redacción de Plan parcial do solo residencia, de Valdecorvos en Pontevedra.

Orzamento de licitación: 30.000 A. (IVE non incluído).

Documentación complementaria: os interesados nesta convocatoria poderán solicita-lo correspondente prego de bases nas oficinas de Xestur Pontevedra sitas na praza Maruxa Mallo nº 1-1º de Vigo das 10 ás 14 horas.

Prazo presentación de ofertas: un mes desde a publicación no DOG.

Lugar de presentación: en man nas oficinas de Xestur Pontevedra, sitas na praza Maruxa Mallo nº 1-1º en Vigo.

Apertura de plicas: a apertura de ofertas realizarase o día seguinte hábil (non sábado) ó de finalización do prazo de presentación, ás 13 horas na sala de xuntas de Xestur Pontevedra.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 18 de febreiro de 2003.

O xerente

Rubricado