Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/284-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: O Areal, 45 baixo, 15621 Cabanas (A Coruña).

Denominación: cambio lugar do C.T. O Areal I.

Situación: Cabanas.

Descricións técnicas: liña eléctrica aerosubterránea de media tensión a 20 kV, co orixe na liña denominada L.M.T. ó C.T. O Areal II e C.T. Os Anidos, de 35 m de lonxitude e en conductor R.H.Z.1 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, e final no apoio HVH 13/2.500 para paso aerosubterráneo, seguido de tramo subterráneo de 60 m de lonxitude, en conductor R.H.Z.1 12/20 kV de 3(1x95) mm Al e final no C.T. O Areal I, que se vai instalar. Centro de trans

formación, tipo caseta, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado O Areal I, do que parte a rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. 0,6/1 kV de 3(1x40) mm de 600 m de lonxitude, que se conecta a rede existente no lugar. Concello de Cabanas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña