Por resolución desta alcaldía número 5.465/2002 de data 19 de novembro de 2002, acordouse resolve-las alegacións presentadas e aprobar definitivamente o proxecto de reparcelacióndo sector SUP 1-R Carballido, en Perillo.
Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó que reciba a notificación do presente acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó que reciba a devandita notificación.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do
26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Oleiros, 27 de decembro de 2002.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta