Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.971

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo dos corpos superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas e corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, listas B, de conformidade co punto quinto da Resolución do 17 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 185, do 25 de setembro).

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolucións estimatorias dos recursos formulados polos interesados que se especifican no anexo contra a Resolución do 17 de setembro de 2002, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas e corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, listas B, de conformidade co punto quinto da Resolución do 17 de setembro de 2002 (DOG nº 185, do 25 de setembro).

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade as modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 17 de setembro de 2002, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal

de postos correspondentes ós corpos que se especifican no anexo, cos datos que así mesmo se especifican nel.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior de Administración, grupo A, escala superior de finanzas:

Apelidos e nomeDNIPuntuaciónÁmbitoPosición

Bermúdez Bargo, Álvaro324501473,250Servicios centrais24
EloyA Coruña19
Lugo13
Ourense12
Pontevedra15

Cores Gontán, Beatriz361485780,960Servicios centrais172
Pontevedra92

Pereira Otero, Concepción360758340,75Servicios centrais231

Corpo de xestión de Administración, grupo B, escala técnica de finanzas:

Apelidos e nomeDNIPuntuaciónÁmbitoPosición

Arribas López-Anglada,332681368,280Servicios centrais38
Mª JesúsA Coruña36
Lugo25
Pontevedra30

Carreira Costas, Elvira3610508611,670Servicios centrais18
A Coruña19
Ourense13
Pontevedra14

Cores Gontán, Beatriz361485782,460Servicios centrais167
Pontevedra112

Mourelo Ortueta, José Ángel333270719,740Servicios centrais21
Lugo16
Pontevedra17

Pino Vaz, Mª Concepción326610049,30Servicios centrais25
A Coruña23
Lugo18
Ourense16
Pontevedra21