Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-56/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de novembro de 2002, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº S-56/02 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo a Frutería Sil, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Frutería Sil, S.L. o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 29 de xaneiro de 2003.

Dámaso López Rodríguez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: S-56/2002.

Denunciado: Frutería Sil, S.L.

DNI/NIF: B-24280505.

Último domicilio coñecido: r/ Tino Grandío nº 29 27004 Lugo.

Feitos imputados: exposición de froita no espacio entre a porta e a rúa sometida ó pó, gases emitidos polos vehículos e posible contaminación por animais.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35.a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º.c) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; punto 3 do capítulo IX do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; a artigos 10.2º, 10.3º e 10.10º do Real decreto 381/1984, do 25 de xaneiro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria do comercio retallista da alimentación.

Tipificación: de acordo co artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, a infracción debe cualificarse como leve, e pode ser sancionada, de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, con multa de ata tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06 euros).

Sanción proposta: 180,30 euros (cento oitenta euros con trinta céntimos).