Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión realizada o 21 de febreiro de 2003, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do sector C-1 do polígono industrial, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas por instancia de Inversiones Gabian, S.L.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

San Cibrao das Viñas, 24 de febreiro de 2003.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa