1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente: 15683/240.
2. Obxecto do contrato: descrición: mellora de pavimento en vías de Vigo.
Lotes: si, seis.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4. Orzamento base: lote 1: 53.747,53 euros; lote 2: 46.692,62 euros; lote 3: 32.424,60 euros; lote 4: 23.739,98 euros; lote 5: 23.589,72 euros; lote 6: 17.982,28 euros.
5. Garantías: provisionais: non se esixe.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.
Vigo, 21 de febreiro de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde

