Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de recollida de documentación nas zonas recadatorias da Deputación Provincial da Coruña.

Expediente referencia 02/11489 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: servicios de recollida de documentación nas zonas recadatorias da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña e zonas recadatorias.

Prazo de execución: un ano.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: ata un máximo de 37.200 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003-A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 24 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña