En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia técnica seguinte:
1.Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (C.E.E.I. Galicia, S.A.) Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 68 23, fax: 981 54 68 32.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Emprendedores.
c) Número de expediente: EM/GGEE/2003/01-02.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica.
b) Descrición do obxecto: desenvolvemento, elaboración e mantemento de guías para a creación de empresa, os seus correspondentes modelos de actualización e manuais de procedemento.
c) Lote: lote 1: desenvolvemento e elaboración de guías para a creación de empresa. Lote 2: mantemento e actualización de 56 guías para a creación de empresa.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento máximo total de licitación: 182.400 euros, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).
5. Adxudicación:
a) Data: 19 de febreiro de 2003.
b) Contratista e importe da adxudicación: lote 1: OBZ Management Consulting, S.L., por un importe de 160.000 euros. Lote 2: OBZ Management Consulting, S.L., por un importe de 20.832 euros.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.
Carlos Pérez de Vega
Apoderado de C.E.E.I. Galicia, S.A.

