Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003 pola que se fai público o contido da addenda ó convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas do 21 de xaneiro de 2003, para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as Pemes galegas productoras de mexillón co fin de palia-las consecuencias económicas do buque Prestige.

Con data 21 de xaneiro de 2003, o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas subscribiron un convenio para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as Pemes galegas productoras de mexillón co fin de palia-las consecuencias económicas do naufraxio do buque Prestige.

Á vista da operativa do dito convenio semella conveniente aclarar para o xeral coñecemento determinados conceptos así como amplia-los prazos nun mes máis, ata o 31 de marzo de 2003, para presentar ó desconto os documentos de aprazamento de pagamento pactados.

Polo que antecede, e en virtude das facultades

que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Facer público, como anexo a esta resolución, o texto da addenda ó convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas de data 21 de xaneiro de 2003 para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as Pemes galegas productoras de mexillón, co fin de palia-las consecuencias económicas do naufraxio do buque Prestige.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Addenda ó convenio de colaboración entre o instituto galego de promoción economica e as entidades financeiras adheridas de data 21 de xaneiro de 2003, para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as Pemes galegas productoras de mexillón co fin de palia-las consecuencias económicas do naufraxio do buque Prestige.

Amplíase, ata o 31 de marzo de 2003, o prazo dos productores ou asociacións beneficiarias da liña de desconto bancario para achega-los documentos de pagamento aprazado: letras de cambio aceptadas/obrigas de pagamento á orde soportados en facturas ou recibos emitidos coas formalidades establecidas no artigo 49 do Real decreto 1624/1992, do 29 de decembro, que aproba o regulamento da Lei do IVE, emitidas unhas e outras dentro do prazo sinalado no convenio (ata o 28 de febreiro de 2003). Admitiranse aqueles documentos de pagamento aprazado con data anterior ó final do prazo (31 de marzo de 2003).

Sen prexuízo do anterior, as facturas, recibos e demais documentación requirida (agás, se é o caso, o documento de pagamento aprazado) deberán ser presentadas polos beneficiarios ás entidades financeiras antes do 10 de marzo de 2003. As entidades financeiras recollerán a documentación presentada polos beneficiarios e comunicaranlle ó Igape, nos tres días hábiles seguintes, os importes solicitados a desconto, non permitindo disposicións con cargo ó convenio ata a entrega dos documentos de pagamento aprazado.

Amplíase, ata o 15 de abril de 2003, o prazo das entidades financeiras para remitirlle ó Igape as certificacións comprensivas das operacións de desconto acollidas ó convenio dispostas entre o 1 de febreiro

e o 31 de marzo. Nestes casos o Igape comprométese a proceder ó pagamento das liquidacións correspondentes nos quince días seguintes á recepción das certificacións.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER