Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.816

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2003, da Dependencia de Recadación de Murcia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), a xefa rexional de recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Murcia.

Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes no inicio do procedemento de constrinximento, e tentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse aqueles, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, os interesados ou os seus representantes comparezan para ser notificados, das 9 ás 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo 1).

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Murcia, 20 de xaneiro de 2003.

Inmaculada García Martínez

Xefa rexional da Dependencia de Recadación

ANEXO I

Órgano responsable e lugar de comparecencia

30600-Dep. Recadación. Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia.

Apelidos e nomeNIFClave de liquidaciónUnidad

Rodríguez García José Manuel34256477-RC110000027018829230600