Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-189/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que pode

rán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedementos para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 7 de febreiro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-189/2002.

Denunciado: Alfonso Jacome Rial.

DNI: 34490720-N.

Enderezo: rúa Velázquez 6-bx. Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nunha zona vedada ó facelo na desembocadura do río Enviande. Feitos constatados o día 13-12-2002 ás 14 horas no río Miño, encoro de Belesar, Sobrecedo, Taboada (Lugo).

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.