Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso, dos servicios de axardinamento no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 1.098/2001, do 12 de outubro, publicado no BOE nº 257, do 26 de outubro, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación, mediante concurso, dos servicios de axardinamento no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 18/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación, mediante concurso, dos servicios de axardinamento no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo da subministración: formalizarase o correspondente documento administrativo de con

trato, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da constitución da fianza definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: lote único: 64.950 euros.

5. Garantías:

Provisional: o 2% do orzamento de licitación (1.299 euros).

Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 293, do 18 de febreiro de 2003).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: durante os quince días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 293, do 18 de febreiro de 2003).

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la garantía de mantemento:

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: noveno día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 293, do 18 de febreiro de 2003.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

José Mª García Leira

Presidente del Parlamento de Galicia