A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no seu artigo 29 establece os criterios en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ó servicio das administracións públicas, nos que deben prima-los principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Os artigos 8 e seguintes do IV convenio colectivo da Xunta de Galicia regulan os procedementos de acceso que se seguirán para a cobertura das prazas vacantes de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Tendo en conta os postos de traballo vacantes de persoal laboral desta comunidade autónoma que afectan ó funcionamento dos servicios públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 26 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa a persoal laboral para o ano 2003.
Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais correspondentes, logo de informe da comisión de persoal, cos votos a favor de CIG, UGT, CSI-CSIF e abstención de CC.OO., e de conformidade co establecido no artigo 12.8º da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de marzo de dous mil tres,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Aprobación da oferta de emprego público.
De conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, apróbase a oferta de emprego público do persoal laboral da Xunta de Galicia para o 2003 nos termos que se establecen neste decreto.
Artigo 2º.-Cuantificación da oferta de emprego público.
Nesta oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orza
mentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes na actualidade, de acordo cos criterios e segundo a composición que se detalla no anexo.
Artigo 3º.-Persoas con minusvalidez.
1. Nos procesos selectivos de persoal laboral da Xunta de Galicia, incluídos os correspondentes á promoción interna, serán admitidas as persoas con minusvalidez nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable.
As convocatorias non establecerán exclusión por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.
Nas probas selectivas, estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións posibles de medios para a súa realización. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.
Para tal efecto os tribunais ou comisión de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.
2. En cada convocatoria reservarase o tres por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por quen teña a condición legal de persoal con minusvalidez, de conformidade co previsto na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio.
Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas de reserva computarase como unha praza que se incluíra en tal cota.
Cando o número de vacantes ofertadas en cada convocatoria sexa igual ou superior a 10 pero inferior ó número necesario para aplica-lo sinalado nos parágrafos anteriores reservarase, en todo caso, unha praza á devandita cota.
En todo caso, en cada convocatoria establecerase o número concreto de prazas que quedan reservadas para persoal con minusvalidez ás que puidese corresponder esta cota. Farase constar así mesmo que non se reserva ningunha praza no suposto de que non se alcanzase o mínimo necesario para isto de acordo co previsto nos puntos anteriores.
A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reuni-la condición esixida ó respecto, que se acreditará se obtivese praza, mediante certificación dos órganos competentes. As probas selectivas realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de acceso libre, sen prexuízo das adaptacións previstas neste artigo.
Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade dos aspirantes para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal laboral da categoría á que se opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.
Con anterioridade ó nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo, a consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública poderá requirir, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste último.
Artigo 4º.-Procedemento de provisión de postos por persoal laboral nas respectivas categorías da presente oferta.
Os postos de traballo proveranse, segundo o caso, de conformidade co previsto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e no capítulo cuarto do IV convenio colectivo único da Xunta de Galicia.
As vacantes incluídas nesta oferta que teñan unha xornada inferior á normal, figurarán con esta característica na correspondente relación de postos de traballo.
Disposicións derradeiras.
Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública para dictar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trece de marzo de dous mil tres.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais
e Administración Pública
ANEXO
GRUPO I-TITULADO SUPERIOR
CATEG. DESCRICIÓN NÚM.
040 TITULADO/A SUPERIOR LINGÜISTA 5
011 TITULADO/A SUPERIOR PEDAGOGO/A 5
019 TITULADO/A SUP. ESPECIALISTA//TITULADO/A SUP. FARMACÉUTICO/A 1
TOTAL GRUPO 11
GRUPO II-TITULADO MEDIO
CATEG. DESCRICIÓN NÚM.
003 ESTIMULADOR/A//PSICOMOTRICISTA 1
011 FISIOTERAPEUTA 11
020 TERAPEUTA OCUPACIONAL 3
021 MONITOR/A OCUPACIONAL 1
033 PROFESOR/A DE DANZA CLÁSICA 1
035 PIANISTA 1
040 MESTRE ESPECIALISTA EN EDUCACIÓN INFANTIL 5
TOTAL GRUPO 23
GRUPO III-ESPECIALISTAS E ENCARGADOS
CATEG. DESCRICIÓN NÚM.
DE TALLER DE ESCENOGRAFÍA E OUTROS
001 ENCARGADO/A EQUIPOS MECÁNICOS//MECÁNICO/A SUPERVISOR/A E OUTROS 4
002 XEFE/A ADMINISTRACIÓN//XEFE/A NEGOCIADO E OUTROS 2
004 GOBERNANTE/A//GOBERNANTE/A SERVICIOS DOMÉSTICOS E OUTROS 4
005 INTENDENTE//ENCARG. DE ESTABLECEMENTO//ENCARG. DE ALMACÉN 4
006 XEFE/A SERVICIOS TÉCNICOS//ENCARGADO/A DE MANTEMENTO E OUTROS 1
011 ENCARGADO/A AGRARIO/A 2
012 MESTRE/A DE TALLER 3
014 XEFE/A DE COCIÑA 2
017 ANALISTA DE LABORATORIO 1
026 AXUDANTE TÉCNICO/A DE LABORATORIO 3
043 ENCARGADO/A ESTRUCTURA ESCÉNICA//ENCARGADO/A
1
049 AXENTE AUXILIAR INSPECCIÓN TRANSPORTES 2
050 TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN XARDÍN INFANCIA 39
052 TRADUCTOR/A//INTÉRPRETE DA ADMÓN. DE XUSTIZA 7
067 CAPAT. OBRAS//CAPATAZ CUADRILLA//XEFE/A EQUIPO E OUTROS 4
069 OFIC. SERVICIOS TECNIC.//OFIC. 1ª MANTEM.//OFIC. 1ª OFICIOS VARIOS//OFICIAL DE 1ª 12
074 OFICIAL DE PRIMEIRA ALBANEL 1
078 SUBGOBERNANTE/A 3
084 OFICIAL PRIMEIRA CALEFACTOR/A 1
090 ANIMADOR SOCIOCULTURAL 2
102 ENCADERNADOR/A 1
105 MESTRE/A DE MÚSICA TRADICIONAL 1
TOTAL GRUPO 100
GRUPO IV-OFICIAIS DE 2ª ADMINISTRATIVOS-OFICIAIS DE 2ª
CATEG. DESCRICIÓN NÚM.
003 AUXILIAR DE CLÍNICA//AUXILIAR SANITARIO/A E OUTROS 100
004 AUXILIAR DE FOGAR//COIDADOR/A AUXILIAR E OUTROS 150
006 AXUDANTE SERVICIOS TÉCNICOS//OFICIAL 2ª MANTEMENTO 11
007 GARDA XURADO FLUVIAL/GARDA EXPLOTACIÓN 18
016 CONDUCTOR/A 20
025 CARGADOR/A//TREMOIEIRO 3
028 AUXILIAR PRODUCCIÓN-DIRECCIÓN 4
039 AUXILIAR DE AUTOPSIAS 2
TOTAL GRUPO 308
GRUPO V-PERSOAL SUBALTERNO DE VIXILANCIA E DE SERVICIOS
CATEG. DESCRICIÓN NÚM.
001 CAMAREIRO/A LIMPADOR/A//AXUD. COCIÑA//PASADOR/A DE FERRO E OUTROS 90
002 AXUD. TRABALLOS OU OFICIOS//AXUD. ALBANEL E OUTROS 8
011 LIMPADOR/A//FREGADOR/A E OUTROS 275
012 PEÓN/A LABORANTE E OUTROS 31
TOTAL GRUPO 404