En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve
mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios Distribuidores y Almacenistas de Sal de Galicia (Aedasga), que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios que desenvolvan a súa actividade de distribuidores/almacenistas de sal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Asinan a acta de constitución: Gerardo Prego García, en representación da Sociedade Almacenes de Sal Prego, S.L., e catro persoas máis representando a outras tantas sociedades.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais

