Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Álvarez Mosquera, María Pilar e oito máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que

se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes, 17-1º A) no prazo de dez

días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2003.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData dilixenciaDescrición do ben

Álvarez Mosquera, María Pilar32804395R17-1-2003Vehículo matrícula PO-5689-AY

Arias Corti, Roberto25926092D17-1-2003Vehículo matrícula C-1660-AS

Barros Muíños, Rosario32429460N17-1-2003Vehículo matrícula 8804BND

Bastidas García, Carmen ElenaX1728757P17-1-2003Vehículo matrícula C-2832-CF

Carro Iglesias, Fernando76319845A22-1-2003Vehículo matrícula C-7620-AS

Cristalería Sigüeiro, S.L.B1509775119-11-2002Vehículo matrícula C-9979-AX

Esmorís Calviño, Abelardo32395919M20-1-2003Vehículo matrícula C-6970-BM

Lorenzo Vidal, Eduardo76510392H7-1-2003Embargo de retribucións na empresa Ministerio Facenda-Deleg. A Coruña

Souto Bregua, María Jesús32405392W20-1-2003Vehículo matrícula C-6970-BM