Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación do servicio de transporte de obras de arte da exposición De Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: transporte de obras de arte da exposición De Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: tres meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e cinco mil euros (95.000 A), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servicio de Obras e Contratación (teléfono

981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2302

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica: informe emitido por unha institución financeira.

b) Solvencia técnica: relación dos principais servicios realizados durante os tres últimos anos similares ó obxecto deste contrato.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados das 9 ás 14 horas. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas); San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: a partir das 11 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo