Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Marín.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 178/2002.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: execución da obra da rede de sumidoiros en Moledo-Ardán.

División por lotes e número: non.

Lugar de execución: Marín.

Prazo de execución: dous meses (2).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

31.472,05 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Marín.

Enderezo: avda. de Ourense, s/n.

Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), 36900.

Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

Telefax: 986 88 20 13.

Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (Diario Oficial de Galicia ou BOP).

Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

8. Apertura de ofertas:

Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

Data e hora: ás 13 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, excepto que coin

cida en sábado; neste caso o acto terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Marín, 11 de marzo de 2003.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde