III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
CORRECCIÓN de erros.-Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
Advertido un erro no citado decreto, publicando no DOG número 59, do 25 de marzo, cómpre efectua-la oportuna corrección:
Na páxina 3.630, no concello de Cedeira, onde di: «San Román de Montoso (San Román)», debe dicir: «San Román de Montoxo (San Román)».