Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de marzo de 2003 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra as festas patronais de San Telmo de Tui.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 20 de marzo de 2003 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra as festas patronais de San Telmo de Tui, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico».

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL