Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (4548/2002).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 7 de marzo de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por unanimidade, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da parcela do pavillón deportivo sito no Campus Universitario de Ourense, promovido por Augusto Viso Alonso, como xerente da Universidade de Vigo, coas condicións sinaladas no informe do xefe da Oficina Técnica de Xestión Urbanística do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanísta do 29 de novembro de 2002».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 11 de marzo de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enrríquez

Alcalde-presidente