Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.928

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A.

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial do Vidreiro-Pontedeume.

O prego de condicións e demais documentación poderán ser examinados nas oficinas de Xestur A Coruña, sitas na Ronda de Nelle nº 12 bis, 1º da Coruña, de 10 a 14 horas, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de quince días naturais contados desde o seguinte, inclusive, ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas ditas oficinas ata as 14 horas do derradeiro día do prazo ou o inmediato hábil seguinte se aquel cadra en sábado, domingo ou festivo.

A Coruña, 7 de abril de 2003.

Antonio Gómez Vázquez

Xerente de Xestur A Coruña, S.A.