Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003, do tribunal designado para a selección de dous bolseiros para a colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, pola que se comunica a publicación das puntuacións obtidas na fase primeira e se convocan os solicitantes para a realización do exercicio práctico da fase segunda.

O tribunal cualificador encargado da selección de dous bolseiros para a colaboración en materia de redacción e corrección do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, na súa reunión do día 11 de abril de 2003 adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro.-Publicar no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia a puntuación obtida na primeira fase, establecida na base sétima desta convocatoria, consistente na valoración dos méritos acreditados, dos solicitantes admitidos/as por orde alfabético.

Segundo.-Convoca-los/as solicitantes admitidos/as -segundo a relación definitiva aprobada por resolución da presidencia do Parlamento de Galicia do 7 de abril de 2003 (DOG número 74, do 15 de abril)- para a realización do exercicio práctico, establecido na segunda fase da base sétima desta convocatoria, que se levará a cabo o día 26 de abril de 2003, a partir das 11 horas, na aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, sita na avenida do Burgo, s/n, en Santiago de Compostela.

Os/as solicitantes deberán presentar para a súa identificación o se documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

José María García Leira

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA