Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de residuos ESCA 136/2002-LU devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura

orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, en relación co Catálogo de Residuos de Galicia, aprobado por Decreto 154/1998, do 28 de maio (DOG do 5 de xuño), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Carlos Fernández Valdivielso e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedementos para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario poñerá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70, 2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 24 de febreiro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ESCA 136/2002-LU.

Denunciado: Construcciones Font de Vila.

CIF: B-27188846.

Enderezo: Villasante, Fontao, nº 9.

Feito denunciado: abandono de residuos de obras de demolición.

Precepto sancionador: artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Cualificación: grave.

Sanción: 601,02 euros.