Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., no expediente de dilixencias previas 13/2002.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 13/2002, seguidas en virtude de denuncia formulada por Remedios Barrios Trigo como propietaria da vivenda 5º A da rúa Carril das Flores, 34 de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na referida vivenda.

As obras de reparación que se van realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

-Condensación en dormitorio principal no encontro do cerramento co forxado do teito, por ponte térmica neste.

-Manchas de humidade nos rodapés de varias dependencias da vivenda.

-No salón, fisura en paramento vertical de solo a teito por movemento estructural.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 14 de marzo de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo