De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fai saber: que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e téndose intentado esta, de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse estes, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Administración ou unidade de recadación que consta na relación, para poder ser notificadas regulamentariamente.
En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento deste.
Barcelona, 11 de febreiro de 2003.
Luis Felipe Palacios Arroyo
Xefe da Dependencia Provincial de Recadación
Relación que se cita: 031111001.
Nome: Gómez Regueira, Leonardo.
NIF: 36222537-K.
Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.
Referencia: C110000227006420.
Unidade: horta.
Lugar de comparecencia: r/ Ciencias, 15, Barcelona.

