Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para a explotación do bar das piscinas municipais nos Carrís.

No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a explotación, por concurso público, do bar das piscinas dos Carrís. As ofertas e documentación presentaranse ata as 14 horas do 15 día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na Casa do Concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro do Concello de Barbadás, Cimadevila nº 11, ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.

Barbadás, 14 de abril de 2003.

José Manuel Freire Couto

Alcalde